Illa da Toxa
A illa da Toxa é unha pequena illa situada na ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.
A Toxa | |
---|---|
![]() Illa da Toxa | |
Localización da illa da Toxa | |
Situación | |
País | ![]() |
Concello | O Grove |
Provincia | Pontevedra |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 42°29′6.87″N 8°51′0.57″O / 42.4852417, -8.8501583Coordenadas: 42°29′6.87″N 8°51′0.57″O / 42.4852417, -8.8501583 |
Xeografía | |
Superficie | 1´1 km² |
Demografía | |
Poboación | 29 hab (2016) |
Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.
HistoriaEditar
Na Idade Media contaría con abundantes salinas, mencionadas na documentación[1]. Posteriormente foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar estas atractivos, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións.
TopónimoEditar
Isidoro Millán González-Pardo relaciona o topónimo con outros hidrónimos coma Teo, Tea e Te, que considera derivados dunha raíz hidronímica indoeuropea *TEKU[2]. Segundo Edelmiro Bascuas o topónimo procede dos lodos existentes[3]. Non obstante, Gonzalo Navaza indica que quizais sería un fitónimo da familia de toxo[4].
Centro termalEditar
Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos (La Toja), hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado Monte central. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos oriental e occidental), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).
CapelaEditar
Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián,[5] e San Caralampio, caracterizada por estar recuberta completamente de cunchas de vieira [6] nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.
Existiu unha ermida anterior, datada do século XII, da que non queda memoria nin constancia da súa posible situación. A zona onde se levanta a actual capela, construída en 1909, eran unha salina ata que foi reenchida a principios do século XX [7].
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da illa da Toxa
Campo de golf.
Busto do Marqués de Riestra na Illa da Toxa.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da parroquia do GroveEditar
Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do GroveEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
---|---|
NotasEditar
- ↑ Varela Sieiro, Xaime (2008). Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil. USC.
- ↑ Millán González-Pardo, I. (1984). "Los nombres del Río Limia (port. Lima) y el de A Toxa con sus hidrónimos emparentados". Actas del Coloquio Galaico-Minhoto II. p. 371.
- ↑ Bascuas, E. (2005). Hidronimia y léxico de origen paleuropeo en Galicia.
- ↑ Navaza Blanco, A. (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 538. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Boletín de la Real Academia de la Historia volume 59, 1969 (en castelán).
- ↑ A única capela do mundo con este recubrimento [1].
- ↑ Turismogrove.mobi.