Cantodorxo, O Grove, O Grove
Cantodorxo é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 174 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos cales 89 eran mulleres e 85 homes, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 206 veciños, e con respecto ó ano 2004, cando eran 191.
Cantodorxo | |
---|---|
Cruceiro de Francisco Pazos (2017) | |
Parroquia | O Grove |
Concello | O Grove |
Coordenadas | 42°30′01″N 8°52′19″O / 42.50027778, -8.87194444 |
Poboación | 174 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2017, o Concello e maila Deputación levantaron un cruceiro nun con que se interna no mar cara ao norte, obra do escultor Francisco Pazos. Con este cruceiro sinálase o comezo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, un dos Camiños de Santiago.
Castro de Cantodorxo
editarEn Cantodorxo descubríronse os restos dun pequeno castro, duns 300 m2, datado nos séculos IV a II a. C., no que se atoparon restos de cerámica, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. Álvarez Limeses foi quen deu a primeira noticia do castro, en 1928, que hoxe está moi alterado tanto pola propia acción do mar como pola acción humana, especialmente trala construción dunha fábrica de conservas sobre a parte sur do espazo.
Lugares e parroquias
editarLugares da parroquia do Grove
editarLugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do Grove
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
---|---|
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- J. M. Rey, M.C. Ferré, Carlos Fernández Rodríguez, Carlos Rodríguez López. "Sondeos en el conchero del castro de Punta de Cantodorxo (O Grove, Pontevedra): análisis zooarqueologico", en Gallaecia nº 17, 1988 [1].