Virxe das Mareas, O Grove, O Grove

lugar da parroquia do Grove (San Martiño) (Pontevedra)

A Virxe das Mareas é un lugar da parroquia de San Martiño do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 213 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos cales 102 eran mulleres e 111 homes, o que representa un continuo descenso en relación ós anos 2010, cando tiña 243 veciños, e 2004, cando tiña 273 veciños.

Virxe das Mareas
ParroquiaO Grove
ConcelloO Grove
Coordenadas42°29′36″N 8°53′25″O / 42.49344444, -8.89027778
Poboación213 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O barrio da Virxe das Mareas naceu en 1947, cando se proxectou a construción dun bloque de 68 vivendas sociais para mariñeiros do Grove, aínda que as obras no remataron ata 1961, ano no que chegaron os primeiros veciños. Como aí non había comercios ni traballo, e aínda non había estrada que comunicara o barrio co casco urbano, a uns 4 km de distancia, houbo quen pronto abandonou o lugar pero tamén quen o ocupou como segunda residencia, ata que nos anos setenta obrigaron a estes últimos a deixar as casas (construídas como vivendas sociais).

Esta decisión provocou diferentes enfrontamentos entre veciños e policía, e como fose que estes feitos coincidisen coa estrea no Grove da película El último tren a Katanga, sobre a descolonización de África, o barrio pasou a ser coñecido, por mal nome, como Katanga.

Lugares e parroquias

editar

Lugares da parroquia do Grove

editar
Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas

Parroquias do Grove

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar