Ardia, O Grove, O Grove
Coordenadas: 42°28′38.86″N 8°51′40.62″O / 42.4774611, -8.8612833
Ardia é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 253 habitantes no ano 2018, segundo datos do IGE, dos cales 137 eran mulleres e 116 homes, o que representa un leve descenso en relación ós anos 2015, cando tiña 263 veciños, e 2010, cando eran 278.
Ardia | |
---|---|
Parroquia | O Grove |
Concello | O Grove |
Coordenadas | 42°28′39″N 8°51′41″O / 42.47746111, -8.86128333 |
Poboación | 253 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O lugar aparece nomeado nunha doazón que o rei Ordoño II fai da vilam Ardenam (hoxe Ardia) ó bispo Sisnando II, no ano 911 [1]. Pola súa banda, Filgueira Valverde constata que o topónimo dá nome a un xograr medieval, Pero de Ardia [2].
O lugar aparece citado na viaxe a Galicia que realizou Sarmiento o 19 de xullo de 1745: "Del Grove pasé a su aldea Graña. De Graña a Ardea".
Lugares e parroquias Editar
Lugares da parroquia do Grove Editar
Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra) | |
---|---|
Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |
Parroquias do Grove Editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove | |
---|---|
Notas Editar
- ↑ Xoán Dopico: "Arousa: a illa dá o nome á ría", revista Dorna, outono 2006 [1] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, tomo 3, s. v. Ardia.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- SARMIENTO, Fr. Martín: Viaje a Galicia (1745). Edición e estudo por J. L. Pensado. Museo de Pontevedra e Universidad de Salamanca, 1975.