Augas termais

manancial de augas minerais que saen do chan a máis de 5 °C da temperatura superficial

As augas termais ou caldas son o conxuntos de augas minerais que saen do chan a 5°C ou máis de temperatura que a da superficie. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura, as cales son ricas en diferentes compoñentes minerais e permiten o seu emprego na terapéutica como baños, inhalacións, irrigacións e calefacción.

Augas termais en Potosí, Bolivia
Restos dunhas augas termais romanas en Lobios

En Galiza son comúns os mananciais de augas termais e xa dende a época romana se ten constancia do seu uso con fins terapéuticos e de relaxación. Algunhas das meirandes fontes termais están radicadas na cidade de Ourense (As Burgas), na de Lugo ou en Mondariz.