Eleccións xerais de España de 1918
As eleccións xerais de España de 1918 tiveron lugar o 24 de febreiro de 1918, convocadas no medio da crise política e económica provocada pola Asemblea de Parlamentarios e a folga xeral de 1917, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso, e o partido máis votado foi o Liberal Conservador, dirixido entón por Eduardo Dato, pero as dúas faccións do Partido Liberal dirixidas por Manuel García Prieto e o conde de Romanones, en conxunto, obtiveron máis votos.
Eleccións xerais de España de 1918 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1916 1919 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 24 de febreiro de 1918 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente do Goberno de España deputado no Congreso dos Deputados | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Como novidade, cabe destacar a presentación dunha Alianza de Esquerdas, formada polo Partido Reformista (9 deputados), Federación Republicana (10 escanos), Partido Socialista Obrero Español (6 escanos), Partit Republicà Català (4 escanos), Partido Republicano Radical (2 escanos), PURA (un escano), Partido Republicano Democrático Federal (un escano) e republicanos nacionalistas cataláns independentes (2 escanos), que intentaron presentar unha alternativa ao turnismo baixo a dirección de Melquíades Álvarez. Só obtivo 35 escanos, pero con certo eco en Cataluña.
Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado Alejandro Groizard. O xefe de goberno foi Antonio Maura, quen dirixiu un gabinete de concentración con conservadores, liberais e a Lliga Regionalista. O 9 de novembro foi substituído por un goberno de concentración das forzas liberais dirixido por Manuel García Prieto, pero aos 26 días dimitiu e o 5 de decembro formouse un novo goberno dirixido polo conde de Romanones, quen en xaneiro de 1919 suspendeu as garantías constitucionais. O 15 de abril de 1919 foi cesado e convocáronse novas eleccións.
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións
editarPartido | Escanos | Líder | ||||
Conservadores | 98 | Eduardo Dato | ||||
Partido Liberal | 92 | Manuel García Prieto | ||||
Partido Liberal | 43 | Conde de Romanones | ||||
Alianza de Izquierdas | 35 | Melquíades Álvarez | ||||
Conservadores | 31 | Antonio Maura | ||||
Partido Liberal-Izquierda Liberal | 29 | Santiago Alba Bonifaz | ||||
Conservadores | 24 | Juan de la Cierva y Peñafiel | ||||
Lliga Regionalista | 21 | Francesc Cambó | ||||
Comuñón Tradicionalista | 8 | Enrique de Aguilera y Gamboa | ||||
Comuñón Nacionalista Vasca | 7 | Ramón de la Sota | ||||
Liberales Agrarios | 7 | Rafael Gasset Chinchilla | ||||
Liberales independientes | 6 | Alfons Sala i Argemí | ||||
Rexionalistas (asturianos, leoneses e andaluces) | 3 | |||||
Católicos independentes | 2 | Manuel Rojas Marcos | ||||
Nacionalistas republicanos cataláns | 1 | Francesc Macià | ||||
Partido Integrista | 1 | Manuel Senante y Martínez | ||||
Católicos Carlistas | 1 | Gervasio de Artiñano y Galdácano | ||||
Independentes | 3 | |||||
TOTAL | 412 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Resultados das eleccións de 1918 Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
- Lista de deputados elixidos