Terrasa
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Terrasa[1] ou Terrassa[2] (en catalán: Terrassa, pronunciado [təˈrasə]) é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.
Terrassa (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.277 (2023) (3.209,07 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 308 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 70,2 km² | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) e riu Sec (en) | ||||
Altitude | 277 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jordi Ballart Pastor (pt) (2011–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08221–08229 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | (+34) 93 | ||||
Código INE | 08279 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082798 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | terrassa.cat | ||||
Xeografía
editarTerrasa sitúase aos pés da Cordilleira Prelitoral Catalá (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.
Historia
editarOs vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrasa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse uns restos arqueolóxicos con ferramentas de pedra e fósiles de animais datados entre 700000 e 900000 anos de antigüidade, que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa [Cómpre referencia].
Herdeira da antiga Egara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexas románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa María. Outros vestixios medievais importantes son o castelo cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masía Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello ou a casa museo Alegre de Sagrera.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
20.360 | 39.975 | 58.880 | 138.697 | 155.360 | 171.794 | 206.245 |
Distritos e barrios
editar- Distrito 1: Plaça de Catalunya i Escola Industrial, Cementiri Vell, Centre, Vallparadís e Antic Poble de Sant Pere.
- Distrito 2: Montserrat, Vilardell, Torre-sana e Ca n'Anglada.
- Distrito 3: Can Parellada, Les Fonts (parte do barrio está dentro do termo municipal de Sant Quirze del Vallès), Can Jofresa, Guadalhorce i Guadiana, Can Palet II, Xúquer, Segle XX e Can Palet.
- Distrito 4: Ca n'Aurell, La Maurina, La Cogullada, Roc Blanc, Les Carbonelles e Can Palet de Vista Alegre.
- Distrito 5: Sant Pere, Pla del Bon Aire, Can Roca, Poble Nou i Zona Esportiva, Torrent d'en Pere Parres, Can Boada del Pi, Can Gonteres, Pla del Bon Aire i el Garrot.
- Distrito 6: Les Arenes, La Grípia, Can Montllor, Sant Llorenç, Sant Pere Nord, Ègara, Can Tusell.
Cultura e tradicións
editarA cidade, é herdeira dun rico patrimonio medieval, modernista e industrial, conta cunha extensa rede de bibliotecas (entre as cales a moderna Biblioteca Central de Terrasa, que acolle o legado, entre outras, da histórica Biblioteca Soler i Palet), arquivos e museos.
Arquivos
editar- O Arquivo Histórico Comarcal de Terrasa / Arquivo Comarcal del Vallès Occidental
- O Arquivo Municipal Administrativo de Terrassa
- O Arquivo Tobella
Museos
editar- o Museo de Terrasa, de titularidade municipal, que ten diversas seccións:
- Castelo cartuxa de Vallparadís, no Parc de Vallparadís
- Conxunto Monumental das Igrexas de San Pedro de Terrasa, na antiga vila de Sant Pere
- Casa Alegre de Sagrera, casa modernista na rúa de Font Vella
- Torre del Palau, na praza Vella, único vestixio do castelo palau de Terrassa
- Centro de interpretación da vila medieval de Terrasa
- Convento de San Francisco, no cal destaca o claustro decorado con cubertas cerámicas
- O Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña, instalado na antigo vapor Aymeric, Amat i Jover, dependente da Generalitat de Cataluña
- O Centro de Documentación e Museo Téxtil, xestionado por un consorcio entre o Concello de Terrasa e a Deputación de Barcelona
- O Museo Parroquial do Santo Espírito, dentro da Catedral, na praza Vella
Galería de imaxes
editar-
Casa Baumann
-
Cheminea da fábrica Almirall
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terrasenco.
- ↑ Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terrasa |