Joaquín Poza Juncal

avogado, xornalista e político galego

Joaquín Poza Juncal, nado en Pontevedra o 26 de novembro de 1898[1] e finado en Madrid o 28 de setembro de 1934, foi un avogado, xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaJoaquín Poza Juncal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1934 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Gobernador civil da provincia de Ourense
Gobernador civil
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoaquín Poza Cobas Editar o valor en Wikidata
IrmánsHernán Poza Juncal
Laureano Poza Juncal Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Joaquín Poza Cobas, dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de La Libertad. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega en 1930, o chamado Pacto de Lestrobe[1]. Logo da proclamación da Segunda República foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de Ourense. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.

 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

En 1933 pásase a Acción Republicana e ingresa en Izquierda Republicana en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi tamén avogado asesor da Caja Rural de Lérez, fundada en 1926.

Foi redactor-xefe de El País, voceiro do PRG e logo de IR, colaborador de Faro de Vigo e El Emigrado (A Estrada). Dirixiu a revista Vida Agraria, voceiro da Caja Rural de Lérez, da que foi asesor xurídico.

Iniciouse na masonaría en 1929 na loxa pontevedresa "Helenes nº 7", na que empregou o simbólico "Vergniaud", acadando o grao 3º (mestre)[1].

Foi irmán de Hernán e Laureano Poza Juncal, este último tamén masón no exilio.

  1. 1,0 1,1 1,2 Renacimiento54 (blogueiro) (26-4-2012). Logia Renacimiento 54, ed. "Recuperando a memoria masónica galega: JOAQUÍN POZA JUNCAL". renacimiento54.blogspot.com (en castelán). Consultado o 17-6-2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar