Alejandro Rodríguez Cadarso

médico e político galego

Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Alejandro Rodríguez Cadarso
Nome completoAlejandro Rodríguez Cadarso
Nacemento21 de agosto de 1887
Lugar de nacementoNoia
Falecemento16 de decembro de 1933
Lugar de falecementoLubián
Causaaccidente de tráfico
Soterradocemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e médico
PaiJesús María Rodríguez Vázquez
IrmánsJosé Rodríguez Cadarso
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor santiagués Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés Luis Cadarso Rey, que finou na batalla de Cavite (Filipinas) na Guerra hispano-estadounidense en 1898. Casou en 1911 e tivo numerosa descendencia.

 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago[1]. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy[2]. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930[3], deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización[4], e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur [5].

Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nun accidente de automóbil preto da localidade zamorana de Lubián cando se dirixía a unha conferencia en Madrid, xunto co médico e profesor Francisco Bacariza Varela.[6][7]. Soterrárono no cemiterio de Boisaca.

Vida persoal editar

Casou con Cristina Ladrón de Guevara Enríquez, e tiveron nove fillos,[8] entre eles Víctor, Manuel e Antonio Rodríguez-Cadarso Ladrón de Guevara.

Predecesor:
Luís Blanco Rivero
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1930 - 1933
Sucesor:
Ricardo Montequi Díaz de Plaza

Notas editar

  1. Bugallo, Ánxela ([2012]) "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade" CCG.
  2. "A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery", publicado no Jornal of Anatomy.
  3. Antón Capelán Rey, Contra a Casa da Troia, 1994, páx. 101
  4. Baldomero Cores Trasmonte, Ciencia e galeguidade na II República, 1989, páx. 205
  5. "Agrelo calificó a Rodríguez Cadarso de hombre conciliador y luchador" Arquivado 03/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 8 de outubro de 2004.
  6. "Un desgraciado accidente de automóvil causó la muerte a los señores Rodríguez Cadarso y Bacariza". El Eco de Santiago (en castelán). 16 de decembro de 1933. p. 1. 
  7. Quique Alvarellos (6 de maio de 2018). "O barranco da morte de Rodríguez Cadarso". La Voz de Galicia. 
  8. Daniel (20 de xaneiro de 2016). "La familia Rodríguez Cadarso". El rincón de la genealogía (en castelán). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar