Luís Blanco Rivero
Luís Blanco Rivero-de Aguilar, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1942, foi un médico e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 8 de marzo de 1942 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
![]() | |
1921 – 1930 ← Lino Torre Sánchez-Somoza – Alejandro Rodríguez Cadarso → | |
![]() | |
1 de xaneiro de 1914 – 8 de agosto de 1917 ← Salvador Cabeza de León – Vicente López Mosquera → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Ramón Blanco Castro (xefe de negociado de primeira clase da Facenda Pública) e Josefa Rivero-de Aguilar Rodríguez, e irmán de Purificación (casada con Lino Torre Sánchez-Somoza) e Ramón (banqueiro na Arxentina). Estudou Medicina en Santiago, e doutorouse na Universidade Central de Madrid en 1894 coa tese Los diferentes tratamientos de la pneumonía fibrinosa y el método de Z. Petresco, publicada en Santiago de Compostela en 1895.
Foi catedrático de Anatomía Topográfica e Operacións e de Patoloxía Cirúrxica da Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1914-1917), reitor da súa Universidade (1921-1929) e presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1933-1940). Ten publicacións sobre os tratamentos da pneumonía fibrinosa, a diagnose de invaxinacións crónicas intestinais, as luxacións de cóbado e aptose hepática.
Predecesor: Salvador Cabeza de León |
alcalde de Santiago 1914 - 1917 |
Sucesor: Vicente López Mosquera |
Predecesor: Lino Torre Sánchez-Somoza |
Reitor da Univ. de Santiago 1921 - 1930 |
Sucesor: Alejandro Rodríguez Cadarso |
Vida persoal
editarCasou en 1906 con Engracia Guitián García-Barros, filla de Claudio Guitián Fariña[1], coa que tivo tres fillas: María Purificación (casada con José Goyanes Varela), Engracia (casada con Juan Villar Alonso) e María Consuelo (casada con Salvador Parga Pondal).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 120.