Vicente López Mosquera
avogado e político galego
Vicente López Mosquera, finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1919,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | 5 de abril de 1919 Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Manuel López Mosquera |
Traxectoria
editarFillo de Manuel López Vigo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1895.[2] Foi secretario do Concello do Pino. Foi catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e director do Recreo Artístico e Industrial de Santiago.[3] Foi o primeiro presidente das Juventudes Mauristas de Compostela. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1917 e cesado en decembro dese ano. Continuou como concelleiro, xefe da minoría maurista no Concello e presidente do Centro Maurista.
Predecesor: Luís Blanco Rivero |
Alcalde de Santiago 1917 |
Sucesor: José Zepedano Fraga |
Vida persoal
editarCasou en Compostela con Manuela García Suárez en 1902.[4]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Correo de Galicia, 5-4-1919, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 26-6-1895, p. 2.
- ↑ Vida Gallega, 15-2-1910, p. 16
- ↑ La Correspondencia Gallega, 17-10-1902, p. 2
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabo, Miguel; Miguez, Antonio (2009). "El maurismo en Galicia. Un modelo de modernización conservadora en el marco de la Restauración". Hispania. Revista Española de Historia LXIX (231): 87–116. Consultado o 25 de xuño de 2013.