Lino Torre Sánchez-Somoza
Lino Torre Sánchez-Somoza, nado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1866 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 1921, foi un xurista e político galego.
Lino Torre Sánchez-Somoza | |
---|---|
![]() Lino Torre Sánchez-Somoza, en Vida Gallega[1] | |
Nacemento | 30 de marzo de 1866 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 7 de maio de 1921 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político e xurista |
Pai | Casimiro Torre Castro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Casimiro Torre Castro. Licenciouse en Dereito en 1887 e doutorouse ao ano seguinte. Abriu bufete e despois foi xuíz de primeira instancia. Conseguiu unha cátedra de Dereito na Universidade de Salamanca. En 1899 obtivo o traslado á cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado ao monterismo, Concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela, exerceu como alcalde interino a finais de 1905. Presentouse ás eleccións de 1905 no distrito de Ponte Caldelas pero foi derrotado por Fernando Roca de Togores Aguirre, marqués de Rocamora.[2] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 16 de decembro de 1905, tomando posesión o 1 de xaneiro de 1906.[3][4] O 17 de xaneiro de 1909 presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago, por ser contrario á Lei de Descanso Dominical, enfrontándose ao gobernador civil da provincia, Felipe Crespo Lara. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1910 e volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1916. Foi reitor da USC (1920-1921).
Notas Editar
- ↑ Vida Gallega, 30-8-1921, p. 13.
- ↑ El Correo de Galicia, 11-9-1905, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 4-1-1906, p. 2.
- ↑ A administración local en Compostela na era monterista Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Margarita Barral Martínez
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Universidade, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela. p. 415. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)
- Barral Martínez, Margarita (2006). Escola Galega de Administración Pública (EGAP), ed. A administración local en Compostela na era monterista (PDF). Monografías 05. Santiago. p. 86. ISBN 978-84-453-4402-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 01 de novembro de 2018.
Ligazóns externas Editar
Predecesor: Eduardo Vilariño Magdalena |
Alcalde de Santiago 1906 - 1909 |
Sucesor: Pedro Pena Gamallo |
Predecesor: Cleto Troncoso Pequeño |
Reitor da Univ. de Santiago 1920 - 1921 |
Sucesor: Luís Blanco Rivero |