Henrique Alvarellos
Non confundir con Enrique Alvarellos, o seu pai
Henrique Alvarellos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de outubro de 1968 (54 anos) |
Lugo, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Filoloxía Hispánica |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrique Alvarellos Casas, nado en Lugo o 10 de outubro de 1968, é un editor e escritor galego.[1]
TraxectoriaEditar
Fillo de Enrique Alvarellos Iglesias e Concepción Casas Dávila, colaborou co diario El Progreso a mediados dos oitenta, facendo artigos de crítica musical. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, fixo posteriormente o máster en Medios de Comunicación da Universidade da Coruña e La Voz de Galicia en 1993. Posteriormente foi fotógrafo e redactor en La Voz de Galicia, cronista de sociedade en El Progreso, guionista de documentais para El Progreso TV, redactor do Telexornal comarcal da TVG na súa delegación de Lugo, correspondente para Galicia da revista Cambio 16, fundador e director da revista Beiramiño de Lugo, responsable de Prensa da Consellería de Obras Públicas, asesor de Comunicación do Xacobeo, de Turgalicia, redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo e columnista para a Axencia Galega de Noticias.[2][3]
Desde xuño de 2004 é o editor e director de Alvarellos Editora. Foi impulsor dda apertura ao público do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 ou o 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia. [4]
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997). Consorcio de Santiago. 271 páxs. ISBN 84-921371-7-7.
- Galicia en cen prodixios (2004). Vigo: Xerais. 219 páxs. ISBN 84-9782-207-2.
- Teoría de Lugo: guía urbana de espazos amenos (2004). Vigo: A Nosa Terra. 119 páxs. ISBN 9788496203327.
- Descubrir Lugo (2006). Pontevedra: Edicións do Cumio, editada en tres linguas. 108 páxs. ISBN 9788482893457.
- Diario dun pai acabado de nacer (2008). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9782-711-9.[5]
- Santiago, 1909 (2009). Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.[6] 142 páxs. ISBN 9788489323339.
- Balada ceibe no bosque de Conxo (2018). Concello de Santiago.
- Federico García Lorca en Santiago de Compostela (2020). Santiago: Alvarellos. 204 páxs. ISBN 978-84-18567-32-2.
InfantilEditar
- A nena que abrazaba as árbores (2020). Santiago: Alvarellos. Ilustracións de Xulia Nieto Pereira. 36 páxs. ISBN 9788416460793.
Obras colectivasEditar
- Alvarellos, 30 anos de edición en Galicia (2007). Coordinador, Alvarellos Editora.
- A Coruña á luz das letras (2008). Editorial Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
- Os últimos carballos do banquete de Conxo (2016). Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
Obra en castelánEditar
Obras colectivasEditar
NotasEditar
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "DESCUBRIR LUGO HENRIQUE ALVARELLOS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2006-04-04. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Henrique Alvarellos Casas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Henrique Alvarellos Casas". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "SANTIAGO, 1909". Alvarellos Editora (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Henrique Alvarellos na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.