Et alii
(Redirección desde «Et al.»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Et alii, abreviada xeralmente como et al., é unha locución latina que significa literalmente «e outros». Úsase sobre todo en repertorios bibliográficos, cando hai máis autores ou autoras ademais dos citados nunha referencia, de tal maneira que se evita ter que nomealos a todos. O seu valor é semellante ao de etcétera, pero referido a persoas. En termos legais significa que os que firman non son os únicos responsables do firmado. A referencia non se adoita utilizar na bibliografía final, onde se espera que aparezan de maneira detallada os datos das obras consultadas. Por exemplo: a primeira vez nomearíase (Moore, Estrich, McGillis e Spelman, 1984, p. 33) e a segunda (Moore et al., 1984, p. 46)