El Emigrado

periódico galego

El Emigrado foi un periódico trimensual aparecido na Estrada entre 1920 e 1940.

El Emigrado

Editar o valor en Wikidata
LocalidadeA Estrada
Na rede
Galiciana: 2706 Memoriademadrid: 226687
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba, apareceu o 15 de setembro de 1920. Fundado polos irmáns Albino e Maximino Matalobos e Xosé Otero Abelleira. En 1930 cambiou a súa cabeceira pola de Periódico galeguista. Dirixido inicialmente por Xosé Otero Abelleira, e despois por José Fernández da Ponte (como director interino, 1932-1933), José María Sánchez Brea (1933-1935) e Manuel Durán Durán, que tivo que abandonar a redacción en 1936 polo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou, facéndose cargo da dirección novamente Xosé Otero Abelleira.[1]

Nos seus comezos foi unha publicación de tendencia anticaciquil, que incluíu artigos de apoio á autonomía de Galicia, ao Estatuto e á Irmandade Nazonalista Galega. Contaba tamén cunha sección literaria na que se recolleu poesía e recensións de libros. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel García Barros, que comezou a publicar nel os seus Contiños da Terra, Rafael Varela Pazo, Ramiro Alfonso Castro Dono, Manuel González Rodríguez, José Cortés Fernández e Ramón Puente Barcala. El Emigrado cesou a súa edición o 16 de decembro de 1940.

  1. "16 años de vida", El Emigrado, 30-9-1936, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar