Xosé Fernández da Ponte
Xosé Xoán Fernández da Ponte, nado en Tabeirós (A Estrada) en 1901 e finado na Baña o 26 de setembro de 1989,[1] foi un poeta e docente galego, autor de obras en galego e castelán.
Xosé Fernández da Ponte | |
---|---|
Nacemento | 1901 |
Tabeirós | |
Falecemento | 26 de setembro de 1989 |
A Baña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Manuel Fernández Caramés. Fixo os estudos de mestre en Santiago de Compostela rematándoos en 1919, con 18 anos e, ao non poder opositar pola idade, exerceu o ensino privado primeiro en Lalín e posteriormente durante tres anos no colexio Cuba da Baña. Aprobou as oposicións de 1923 e foi destinado á escola de Vinseiro, que rexentou durante nove anos. Durante a súa estadía como mestre en Vinseiro foi Secretario do Sindicato Agrícola Unión de Vinseiro y Cereijo e foi director interino do xornal estradense El Emigrado de outubro de 1932 a abril de 1933. Foi nomeado “Socio de Honor” pola Sociedad Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba en 1932. Promoveu un premio en 1934 para incentivar a asistencia dos nenos á escola que acabou levando o seu nome (Premios Fernández da Ponte). En 1934 foi destinado a Noia por concurso, onde exerceu ata a súa xubilación en 1971. Foi director do Grupo Escolar de Noia.
Actividade literariaEditar
Comezou publicando poemas en El Emigrado, Vida Gallega, El Compostelano, La Noche e Tapal. asinaba ás veces co pseudónimo Zenón de Ferjas[2]. A súa obra poética, en galego e en castelán foi recompilada e publicada co título Latexos pola Editorial Celta en 1979.
ObrasEditar
- Latexos, 1979.
- Noesba, 2001.
Vida persoalEditar
O 15 decembro de 1934 casou coa mestra María Asunción García Amigo, filla do médico da Baña Baltasar García Seoane.
RecoñecementosEditar
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-9-1989, p. 66.
- ↑ El Emigrado, 30-4-1928, p. 1.