Ramiro Alfonso Castro Dono

mestre, escritor e político galego


Ramiro Alfonso Castro Dono, nado en Guimarei (A Estrada) o 17 de novembro de 1912[1] e finado na Estrada o 10 de outubro de 1969,[2] foi un mestre, escritor e político galego.

Infotaula de personaRamiro Alfonso Castro Dono
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Guimarei, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato en Pontevedra e estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o título en 1932.[3] Foi secretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932.[4] Foi secretario do Comité Pro-Estatuto da Estrada en 1933 e interveu nos mitins da campaña.[5][6] Publicou poemas en El Compostelano, Vida Gallega, na revista Nós,[7][8] El Emigrado[9][10][11] e El Pueblo Gallego[12]. Mestre destinado na escola da Mariña da Guarda dende 1934,[13] foi secretario do Partido Galeguista da Guarda, e logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro da Guarda.[14] Con Rafael Varela Pazo representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e permaneceu fuxido durante 12 anos. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros, onde escribiu un “Cara o Sol vermello” como resposta á degradación a que eran sometidos ao obrigarlles a cantar esta canción; a letra circulou clandestinamente durante o franquismo sen saberse do seu autor. Sancionado coa inhabilitación como mestre por orde ministerial de 31 de outubro de 1941, resistiu até 1947 en que se entregou nunha das amnistías do franquismo. Foi nomeado axente executivo interino do concello da Estrada en xullo de 1947.[15] Aprobou os exames de procurador na Audiencia Territorial da Coruña o 29 de maio de 1948.[16] Revisado o seu expediente de depuración en 1951, recuperou a praza de mestre coa sanción de "traslado durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos e de confianza" en 1952.[17] Foi destinado a escola de Saians (Moraña) en 1953,[18] a de Salgueiros (Vila de Cruces) en 1954,[19] e despois foi mestre en Pardemarín (A Estrada). Renunciou a súa vocación literaria, limitándose a exercer a docencia e queimando toda a súa obra. Sospeitoso para as autoridades, foi detido en varias ocasións.

Vida persoal editar

Casou con María Maceira Matalobos e foi pai de José Castro Maceira.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales. Altas de 1934
  2. El Pueblo Gallego, 6-10-1970, p. 14.
  3. La Voz de Galicia, 10-12-1932, p. 9.
  4. El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10.
  5. El Emigrado, 16-1-1933, p. 5.
  6. El País, 7-8-1933, p. 4.
  7. "O milagre da conceición da Natureza", Nos, 15-2-1932, p. 3.
  8. "Romance de Reises na parroquia de Guimarei, na Terra de Tabeirós", Nos, 15-3-1932, p. 15.
  9. "Poemas do Ultra", El Emigrado, 7-8-1929, p. 1.
  10. "Tormenta", El Emigrado, 30-6-1932, p. 1.
  11. "A Terra a defender", El Emigrado, 31-8-1932, p. 1.
  12. "A Liberdade é Unha Strela", El Pueblo Gallego, 18-5-1933, p. 5.
  13. El Noticiero Gallego, 11-11-1934, p. 3.
  14. "Base de datos de concelleiros represaliados". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  15. La Noche, : 10-7-1947, p. 2.
  16. La Voz de Galicia, 30-5-1948, p. 5.
  17. BOE, 27-6-1953, p. 3889.
  18. El Pueblo Gallego, 5-9-1953, p. 3.
  19. El Pueblo Gallego, 10-8-1954, p. 9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar