Rafael Varela Pazo
Rafael Varela Pazo, nado na Estrada o 21 de xullo de 1910 e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1961, foi un mestre e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1910 ![]() A Estrada, España ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 1961 ![]() A Estrada, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista ![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Varela Puente e Francisca Pazo Tornadijo. Militou nas Irmandades da Fala e publicou poemas e textos de opinión na prensa. Dirixiu La Vanguardia, foi asiduo colaborador de El Emigrado e tamén escribiu en La Estrada, Las Riberas del Eo e Céltiga. Foi vicesecretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932.[1] Estaba anunciado como presentador do mitin galeguista da Estrada o 12 de xaneiro de 1936 no que interviron Ramón de Valenzuela, Víctor Casas e Castelao.[2] Con Ramiro Alfonso Castro Dono representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936. Foi nomeado mestre interino de Castro de Amarante. Logo tivo que incorporarse a filas no exército franquista e combateu na guerra. Ao rematar a guerra volveu ser mestre en Castro de Amarante e despois en Matalobos. Finou nun accidente de motocicleta o 28 de febreiro de 1961.[3]
Vida persoal
editarCasou coa tamén mestra Encarnación Cives Tarrela e foron pais de Magdalena e Ramiro Varela Cives.