Céltiga (revista)
Céltiga foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires, Arxentina, entre 1924 e 1932.
Céltiga | |
---|---|
![]() | |
País | Arxentina |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1924 |
Última edición | 1932 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características Editar
Subtitulada Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, apareceu o 30 de setembro de 1924. Publicación quincenal fundada e dirixida por Ramón Peña, Domingo Rial Seijo era o director-xerente, Eliseo Pulpeiro e Adolfo Vázquez Gómez foron os directores literarios. Despois foron directores literarios Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.
Revista cultural ilustrada. As seccións informativas estaban en castelán, pero incluía gran cantidade de textos en galego que procedían dos autores galegos máis coñecidos do momento.
En 1927 chegaron a un acordo con José Ramón Lence, director-propietario de Correo de Galicia para mancomunar a súa administración en mans de Rial Seijo e Lence pasou a ocupar o cargo de asesor literario de Céltiga. Cesou a súa publicación o 1 de xullo de 1932.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Céltiga |
Bibliografía Editar
- "Céltiga". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo-Calero, M. V. (2006-2007). "Entre tradición e invención: obra gráfica en la Galicia moderna" (PDF). Abrente (en castelán) (RAGBA) (38-39): 279–288. ISSN 0212-6117.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 128–130. ISBN 84-87172-30-X.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina II. Buenos Aires: Ediciones Galicia. Centro Gallego de Buenos Aires.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 99–100. ISBN 84-8288-137-X.