José Ramón Lence
José Ramón Lence,[1] nado na Coruña o 16 de outubro de 1874 e finado en Buenos Aires o 19 de xaneiro de 1951, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1874 A Coruña, España |
Morte | 19 de xaneiro de 1951 (76 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarTrasladouse coa familia a Monforte de Lemos, onde estudou no colexio dos Escolapios. Publicou artigos na prensa local (El Eco de Lemos, Heraldo de Lemos e La Ciudad del Cabe), foi redactor e administrador de La Concordia e dirixiu La Opinión.
En 1904 emigrou a América. Dirixiuse primeiro a Montevideo, onde foi redactor de La Democracia. En 1905 trasladouse a Buenos Aires e incorporouse á redacción de El Diario Español. Promoveu unha campaña para a constitución do Centro Gallego en maio de 1907.
En 1908 fundou con José Vázquez Romaguera o semanario Correo de Galicia. Converteuse no periódico galego de maior difusión en América, sen interrupción ata 1946, cando cambiou a súa denominación por Nuevo Correo.
As súas actitudes políticas foron cambiantes. Nun principio profesou un rexeneracionismo entusiasta tinguido de catolicismo social, que o levou a simpatizar co maurismo.
Nos anos 20, ante o fracaso da reforma do réxime monárquico desde arriba, e logo dunha viaxe a Galicia, mantivo un fugaz idilio político co nacionalismo galego e mostrouse oposto á ditadura de Primo de Rivera. En abril de 1927 converteuse en asesor literario da revista Céltiga ao establecerse un convenio entre esta e Correo de Galicia.[2]
Nos anos 30, especialmente dende 1932, experimentou un desapego respecto ao réxime republicano español, que culminou co seu aliñamento co bando franquista en 1936.
Obras
editarPublicou La Conquista de América (1914), Jornadas de lucha (1924) e Memorias de un periodista (1945). Tamén escribiu teatro para a colectividade galega, como o monólogo Pedro da Portela, a zarzuela La galleguita (1914), escrita con Ramón Fernández Mato (que recrea o reencontro con Galicia dos emigrados a través do namoramento entre un fillo de americano retornado e unha moza galaica), o sainete lírico El almacenero (1915), Rosiña de Belesar, con música de Egidio Paz Hermo (1915), as comedias Gente de Casa (1915), El señor presidente e Luz de Aurora (1917).
A súa obra literaria trata temas costumistas. Tamén intenta abordar cuestións de actualidade e desenvolver en forma alegórica debates de interese para a inmigración.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Núñez Seixas, X. M. (2014). "Periodismo, patriotismo «regional» y estrategias de liderazgo: Fortunato Cruces, José R. Lence y los gallegos de Buenos Aires (1900-1936)". Las patrias ausentes. Estudios sobre historia y memoria de las migraciones ibéricas (1830-1960) (PDF). Oviedo: Genueve Ediciones. pp. 413–451. Archived from the original on 11 de marzo de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2011.