La Opinión (Monforte de Lemos)

La Opinión foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1903 e 1905.

La Opinión
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 1 de febreiro de 1903.[1] Estivo dirixido por José Ramón Lence ata xaneiro de 1904, despois sucedeuno Manuel Hermida Vázquez. Afín aos intereses do deputado polo distrito Guillermo de Osma Scull. Dedicou moito espazo ás informacións da cidade de Monforte e á bisbarra. Publicou unha sección titulada Crónica europea. Cesou a súa publicación en novembro de 1905.[2]

  1. El Noroeste, 3-2-1903, p. 1.
  2. El Norte de Galicia, 7-11-1905, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar