Guillermo de Osma Scull
Guillermo Joaquín de Osma Scull, nado na Habana o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Biarritz o 7 de febreiro de 1922, foi un diplomático, arqueólogo e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Guillermo de Osma y Scull 24 de xaneiro de 1853 A Habana, Cuba |
Morte | 7 de febreiro de 1922 (69 anos) Biarritz, Francia |
Ministro | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Presidente do Consello de Estado | |
27 de agosto de 1919 – Rafael Andrade Navarrete → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, arqueólogo |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Adelaida Crooke y Guzmán (1888–1918) |
Parentes | Juan Crooke y Navarrot, sogro Ana de Osma y Zavala, curmán Joaquina de Osma y Zavala, curmán |
Traxectoria
editarConde de Valencia de Don Juan, logo de realizar estudos nas universidades da Sorbona e Oxford, entrou na carreira diplomática en 1877, na que permaneceu ata 1891 cando foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte representando ao Partido Conservador, sendo reelixido polo mesmo distrito nas sucesivas eleccións que se celebraron ata 1918. En 1919 foi nomeado senador vitalicio.
Foi ministro de Facenda en dous dos gobernos presididos por Antonio Maura: entre o 5 de decembro de 1903 e o 16 de decembro de 1904, e entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 23 de febreiro de 1908. Da súa etapa ministerial destaca a promulgación da "Lei de Alcohois e de Azucres"
Foi tamén Presidente do Consello de Estado e Gentilhombre de cámara con ejercicio do Rei Afonso XIII. Destacou como arqueólogo debéndoselle a fundación, en 1916, do Instituto de Valencia de Don Juan, en Madrid.
Predecesor: Augusto González Besada Juan Navarro Reverter |
Ministro de Facenda 1903 - 1907 1907 - 1908 |
Sucesor: Tomás Castellano Villarroya Cayetano Sánchez Bustillo |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillermo de Osma Scull |