Ramón Peña
debuxante e xornalista galego
Ramón Peña Gil, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1892 e finado en Pontevedra o 26 de setembro de 1967,[1] foi un debuxante e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1892 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de setembro de 1967 (75 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
Residencia | Arxentina |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Peña Meléndez |
Traxectoria
editarFillo de José Peña Meléndez. Emigrou a Arxentina sendo mozo. Foi fundador e director da revista Céltiga de Buenos Aires con Domingo Rial Seijo. Retornado a Pontevedra, foi socio dos irmáns Enrique e Ramón Barreiro na produtora cinematográfica Folk. Despois da guerra ilustrou libros para Ediciones Céltiga e dirixiu Sonata Gallega de Pontevedra. Foi profesor de debuxo do Instituto de Bacharelato de Pontevedra.
Vida persoal
editarCasou con Pilar Vergutín García en 1956.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 28-9-1967, p. 11.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Beatriz de San Ildefonso Rodríguez: "Ramón Peña Gil" en Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia (en castelán).
Ligazóns externas
editar- Céltiga na páxina web do Consello da Cultura Galega