Diáspora galega
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior.[1] O historiador Eiras Roel[2] estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A xénese do proceso Editar
Nas súas orixes obedeceu a razóns económicas e sociais, marcadamente á pobreza como consecuencia da falta de traballo, a isto sumáronselle razóns políticas, orixinadas na represión do país polos Reis Católicos e aínda moi presente no momento da chegada da represión franquista, que en Galicia comezou en xullo de 1936, ó pouco de estalar a guerra civil.
Para Ramón Villares:[3]
Con todo, é a emigración o factor máis definitorio da poboación galega contemporánea, tanto pola cantidade como pola calidade: é un dous poucos elementos que sitúa a Galicia, ben que a un custo en exceso alto, no ritmo evolutivo do capitalismo a nivel mundial.
En 1993, dez anos despois da entrada en vigor da Lei de recoñecemento da galeguidade de 1983, a Xunta de Galicia, cuantificou o número total de emigrantes nacidos en Galicia en 1.3 millóns[4] (sen contar os seus fillos e netos). Así a distribución foi a seguinte:
- En América 554.100 repartidos da seguinte maneira: 190.000 en Arxentina, 100.000 en Venezuela, 95.000 en Brasil.
- Na Unión Europea e Suíza 248.500 repartidos da seguinte maneira: 90.000 en Alemaña, 55.000 en Suíza e 50.000 en Francia.
- No resto de España 525.000
Lugares de destino Editar
Os principais países receptores da emigración galega a finais do século XIX e principios do XX foron a Arxentina, Cuba, o Brasil e o Uruguai, países necesitados de man de obra barata e persoal nos servizos e industrias que se estaban creando. Ademais son sociedades dunha gran permeabilidade social.
Polo que se refire aos destinos, as catro provincias galegas mostran comportamentos diferenciados: mentres que a maior parte dos emigrantes lucenses se dirixiron a Cuba e os de Ourense ao Brasil, os de Pontevedra preferiron a Arxentina e os coruñeses tamén Cuba (Villares, 1996),[5] o que indica a existencia en Galicia dunha cultura migratoria moi antiga xa especializada, onde as cadeas migratorias e as redes de axentes seguen desempeñando un papel de grande importancia.
Causas da emigración galega Editar
O historiador Antonio Eiras Roel[6] sinalou que a orixe das migracións no Noroeste peninsular foi o resultado da unión de dous factores básicos sobre os que incidían en determinados momentos outras variables de maior ou menor duración. Por unha parte a alta densidade demográfica, que de por si non é determinante, combinada cunha economía agrícola de subsistencia que é deficitaria e está sometida a un proceso de descapitalización permanente pola dobre vía do imposto e da renda.
As causas da emigración galega pódense resumir nas seguintes[7]:
Factores económicos Editar
A situación da agricultura en Galicia: a economía galega a finais do século XIX tiña unha base eminentemente agraria e escasamente industrializada, a base agraria estaba escasamente modernizada. Cara a mediados do século XIX , a economía de Galicia alcanzara os seus límites. Os trazos que a definían procedían do seu carácter preindustrial e tradicional[8]. Preindustrial na medida en que predominaban as actividades rurais, en especial aínda que non unicamente, a agricultura. E tradicional, pola súa escasa orientación comercial.
O minifundismo: a excesiva atomización das terras supoñía por tanto que foran escasamente rendibles para o campesiñado. Uns autores como García Fernández[9] incidían nas miserias sociais dos sistemas agrarios minifundistas, mentres outros autores[9] como Beiras (1981), Bouhier (1979) e Fernández Prieto (1995) xa deixaban entrever unha certa interpretación positiva criticando en certa medida a visión excesivamente economicista que se tiña do minifundio.
O sistema foral ou de rendas[10]: este sistema asfixiaba o campesiñado e perviviu ata ben entrado o primeiro terzo do século XX. Será unha lei promulgada por Miguel Primo de Rivera no 1926[11] a que acabe definitivamente co Foro, dita lei obrigou a tódolos propietarios a vender os seus dereitos sobre a terra aos campesiños para que ao fin estes puidesen traballar a súa propia terra.
O sistema de transporte[12]: Non cabe dúbida de que, efectivamente, na Galicia daquel tempo as deficiencias da rede de camiños presentaba serios atrancos á expansión e á organización dos mercados ou, se se quere menos ampulosamente, ó aumento da produción e ó favorecemento da súa circulación, requisitos previos, á súa vez, para a remisión da miseria. A precariedade dos camiños era, dende logo, un feito agudo e xeneralizado, e moitas zonas do país carecían dalgún que fose apto tan sequera para o tráfico de carros campesiños (García Fuentes, 1986[13] e 1999[14]), debendo realizarse a maior parte do transporte ó lombo dunha mula, incluso para acceder a Castela cos escasos produtos exportables que se lograban.
Economía de tipo primitivo[15]: na que o diñeiro apenas circulaba e os produtos da terra servían como pago e troco, polo que nos atopábamos ante unha economía moi pechada. Usábanse técnicas de explotación moi arcaicas e pouco diversificadas.
Crise agraria: Esta situación víase agravada por exemplo coas malas colleitas como a crise do oidium[16] que afectou especialmente ós viñedos de Galicia a partir do 1853[17] (coñecido como o ano da fame[18]) , a comezos do século XIX o viñedo está a atravesar unha etapa de crise, que está ben documentada en toda Galicia[19], ou coa perda do mercado británico para a produción bovina galega[20] na segunda metade do século XIX. O factor desencadeante da crise estaría, nas fortes chuvias caídas nos meses de agosto, setembro e outubro de 1852. Os temporais causaron a perda da colleita dese ano e mesmo unha boa parte da do 1853. A situación era descrita polo diario El Heraldo de Madrid da seguinte maneira: [21]
Ha llovido tanto, tanto que el hambre ha venido nadando, como se dice en este país, donde las lluvias continuadas son un síntoma infalible de miseria. La que se experimenta en la mayor parte de Galicia, especialmente en su montaña, es verdaderamente espantosa (...)¡El Hambre! Desgraciadamente es cierto, terriblemente cierto este azote con que nos aflige la Providencia, desgraciadamente podemos llamarnos hoy los irlandeses de España.El Heraldo, Madrid, 1 de marzo de 1853
Da penosa situación que atravesaba Galicia, fíxose eco a Junta de la Caridad de las Cuatro Provincias de Galicia no Memorial dirixido á raíña Isabel II en 1857[22]:
«Multitud de pueblos quedaron desiertos; no ya los mismos braceros, si que cultivadores de una riqueza relativa para las condiciones del país, abandonaban sus hogares; solo la muerte y la desolación habitaban en ellos; legiones de mendigos asaltaban las poblaciones de alguna importancia; las raíces de los campos suspendian por algunos momentos los terribles efectos de la inanición; en tropel emigraban á provincias y reinos extraños, sembrando por donde transitaban el gérmen de la epidemia que el hambre habia desarrollado en ellos, y los caminos públicos servían de lecho mortuorio á más de un desgraciado»El Iris de Galicia, 22-VII-1857, p. 2.[23]
Crise do cereal[24]: o cereal vive neste período un momento de crise pola guerra de Crimea, este conflicto bélico ocasionará o peche dos portos de Odesa e Sebastopol, e con iso, a imposibilidade de dar saída á produción do trigo ruso. Ademais, os exércitos francés e británico necesitan grandes abastos que os seus fornecedores habituais non puideron satisfacer[25]. A España, pois, preséntaselle unha conxuntura propicia que sabería aproveitar, pasando a ser, por primeira vez, unha potencia exportadora de cereais. No período 1853-1856 saíron de España cantidades inxentes de cereais: trigo, centeo, millo, esta exportación masiva distorsionou o mercado interior e provocou o desabastecemento da poboación.
Crise sanitaria[24]: Despois dunha crise agrícola moi grave, orixinada por continuadas chuvias e baixas temperaturas estivais que podrecen a escasísima colleita de cereais, sobre todo do millo, provocou unha epidemia de cólera sobre unha poboación moi depauperada. O 19 de novembro de 1853 o Isabel a Católica, vapor correo con La Habana, chegou ao porto de Vigo con tres enfermos de cólera, polo que foi derivado ao lazareto da illa de San Simón, as malas condicións propiciaron a extensión da epidemia, estendéndose polo resto de España no 1854 e sendo especialmente virulenta en febreiro de 1855[26], finalmente a comezos de xaneiro de 1857 xa non había ningunha localidade española sen o cólera. Ademais do cólera hai que engadir as febres tifoideas[27], que só en catro municipios galegos (Santiago de Compostela, Noia, Arzúa e Betanzos) no ano 1853 acabaron coa vida de 947 persoas.
Factores sociais Editar
Presión demográfica:o aumento da poboación galega supoñía un excedente de man de obra que a feble economía galega era incapaz de asumir ou facerlle fronte[28]. A emigración foi unha vía de fuxida da poboación rural de Galicia ante o fracaso da modernización agraria e das experiencias industrializadoras.
A obrigatoriedade do servizo militar: afectou ós mozos novos e por tanto moitos ante esta situación decidiron fuxir clandestinamente de Galicia. Esta causa é fundamental no século XIX e a comezos do século XX particularmente pola Guerra de Marrocos 1907 - 1927[29], así:
La huida del servicio militar ya tenía una importante repercusión en la emigración gallega intrapeninsular, cuando los mozos comenzaron a emigrar a Portugal (ciudades de Oporto o Lisboa) así como a otras regiones españolas como Andalucía, Castilla o la ciudad de Cádiz en el siglo XIX. Durante gran parte del periodo correspondiente a los años de 1830 a 1930 los prófugos gallegos continuaron emigrando intensamente a otras zonas de la Península Ibérica. Con la consolidación de América como destino migratorio preferente, los destinos de los prófugos se extendieron de forma masiva hacia los países de Ultramar. En las costas cantábrica y atlántica de Galicia las corrientes de prófugos que se encaminaban hacia las populosas ciudades castellanas o andaluzas comenzaron a ser substituidas, respectivamente, por destinos en Cuba y el Río de la Plata, a partir de la década de 1840.
Segundo Moreno Fraginals e Moreno Masó[30], entre 1840 e 1859, os soldados galegos representaban o 27,87% do total de soldados españois desprazados. Era unha proporción altísima que case dobraba ao grupo rexional seguinte, o de andaluces (14,75%)
A publicidade: A publicidade era especialmente a través dos periódicos da época e dos chamados ganchos. Os ganchos ou tamén chamados garroteros recorrían as aldeas de Galicia na procura de posibles emigrantes, os ganchos ofrecían os emigrantes todo tipo de facilidades para conseguir o billete de saída e os trámites para a partida cara América. Hai constancia de ganchos enviados a algunhas comarcas de Galicia polas compañías norteamericanas Ponupo Manganese Company e The Spanish American Iron Company para traballar nas minas de Daiquirí, Firmeza e o Cobre, situadas nas proximidades de Santiago de Cuba[31].
As cadeas migratorias[32][33]: o establecemento dos galegos nas Américas e que estes chamasen á súa vez os seus familiares ou veciños perpetuaba a corrente migratoria, así se incorporaban continuamente migrantes á emigración.
A imitación: nas zonas de tradición migratoria como Galicia, os retornados que voltaban con riquezas, difunden a idea de emigrar entre a comunidade á que pertencen. Dos moitos exemplos cabe salientar a pasaxe do ex-emigrante Antonio Fernández Saavedra[34], que nas súas memorias narra a repercusión da chegada triunfal de dous "americanos" a Sillobre (Fene) en 1923:
A Sillobre habían llegado, procedentes de Cuba, Manuel de Casal y Pancho, el de Delfina. Hacía veinte años que se habían ausentado para Cuba y ahora regresaban convertidos en unos hombres muy ricos. Eran la admiración de toda la chiquillería y la envidia de muchos vecinos. Los elegantes trajes de los recién llegados, sus sombreros de pajilla, sus chalecos impolutamente blancos, sus lustrosos zapatos, sus relojes de oro macizo con aquellas leontinas que cruzaban sus abdómenes de lado a lado, sus monederos de plata repletos de monedas del mismo metal y sus ensortijados dedos, deslumhraban a los sencillos vecinos del pueblo, pero muy especialmente a los niños y mocitos, que los contemplábamos extasiados. [...]En la taberna de Paco "O Pendón", invitaban a todos los amigos y vecinos de Sillobre que se acercaban hasta allí, para verlos y saludarlos, convirtiéndose en la máxima atracción de la aldea. Allí, rodeados de niños y de adultos que les formaban corro, relataban, entre vaso y vaso de vino, sus andanzas y sus aventuras por tierras cubanas hasta lograr la inmensa fortuna que ahora poseían.
Yo, de cativo, era muy impresionable [...] y esta vez se me había metido entre ceja y ceja, marcharme como emigrante a Cuba, probablemente influenciado por las cosas que de aquel país contaban los "Cubanos" que a Sillobre llegaban
Época colonial Editar
Migración cara a Península Ibérica Editar
Entre finais do século XVI e durante as primeiras décadas do século XVII debéronse alcanzar grandes cotas de emigración protagonizadas polos galegos, ó igual que sucedeu noutras rexións do norte peninsular, tras este período observouse unha atonía migraoria que se manteria ata as décadas centrais da centuria[35].
A partir da década do 80, do século XVII, obsérvase nalgunhas zonas de Galicia, migracións cara o Sur, sendo Cádiz un destino privilexiado e substituíndo a Sevilla. En 1773, o 6.29% da poboación masculina residente era natural de Galicia[36]. Os factores que explican a importancia de Cádiz como punto de chegada da migración galega, son os seguintes: conversión en capital do comercio con América desde 1680, traslado da Casa de Contratación desde Sevilla en 1717, a reactivación vinícola na zona e o dinamismo comercial como consecuencia da eliminación do sistema de frotas en 1730.
Outro lugar que recibiu a migración galega foi La Rioja, que durante os séculos XVII e XVIII aumentou significativamente a súa produción vinícola, isto supuxo a necesidade de aumentar os xornaleiros para a cava e a vendima. A presenza dos galegos queda documentada a finais do século XVII e chegando a máximos nos 1750 e 1780/99[37].
Portugal tamén ocupa un lugar destacado[35], a presenza da emigración galega aparece no primeiro cuarto do século XVIII, debido principalmente ó ouro que recibe o país luso do Brasil e o baleiro demográfico pola emigración portuguesa as súas colonias de ultramar. A maioría da colonia española en Portugal era galega e na súa meirande parte residían nas áreas de Lisboa e Porto (64%). No ano 1890, os españois ascendían a un total de 27.138.
Migración cara América Editar
Os galegos teñen unha presenza case simbólica na colonización de América. Segundo o hispanista norteamericano Peter Boyd-Bowman,[38] dos 5.481 primeiros poboadores europeos de América entre 1493-1519, só 111 son galegos, o que supón o 2% do total. Durante o século XVI, esta proporción manteríase case inalterable, chegando ata o 2.5%[39].
Os galegos non senten a necesidade de emigrar nesta centuria ao vivirse unha etapa de expansión económica[39] debido a varios factores tales como; á posta en explotación de terras dispoñibles; a ampliación do espazo cultivado e a mellora nas técnicas (a integración do cultivo do mijo ou “millo miúdo” nunha rotación máis complexa que permitía a substitución do barbeito por unha agricultura intensiva; a xeneralización do cultivo dunha planta tipicamente americana e cuxa produción xa era moi común desde fins do S.XVI nas comarcas atlánticas, o maiz ou “millo graúdo” e por suposto a aparición da pataca como alimento básico na Galicia da época.
Así, a presenza galega no imperio español americano foi escasa e marxinal no período colonial e mais en comparación coas provincias andaluzas, estremeñas e manchegas[22]. Galicia tiña entón moi poucos contactos co Novo Mundo, e durante os séculos XVI, XVII e a primeira metade do XVIII, a súa inserción no sistema colonial español foi indirecta, limitada a unha corrente minoritaria de individuos relacionados coas institucións imperiais (exploradores, militares, funcionarios, eclesiásticos etc.) alistados a través da burocracia, e que non pode considerarse migratoria[40] stricto sensu, pois o concepto remite necesariamente a traballadores libres que exercitan un acto de vontade.
En todo caso, a situación cambia drasticamente a partir da segunda metade do século XVIII, os galegos fan presenza en América con carácter case torrencial. Entre 1749 e 1787 estimouse en 5.400 persoas/ano a media de saída do país, o que nos da para este período unha cantidade de 195.200 persoas. Entre 1788 e 1797, o número de individuos que emigran alcanza os 14.000 por ano[41]. Estamos a falar, para contextualizar, que a poboación galega total era de 1.340.192 de acordo ao Censo de Floridablanca de 1787.
A gran vaga migratoria a América: s. XIX e XX Editar
Cuba Editar
A mediados do S. XIX, a comunidade galaica representaba cos seus 8.463 compoñentes, o terceiro grupo rexional en Cuba despois dos canarios e dos cataláns e por diante dos asturianos.[42] O número de galegos embarcados cara a Cuba entre 1800 e 1835 representaba tan só o 2,7% do total de emigrantes españois, e a porcentaxe non cesou de aumentar ao longo do século ata chegar a converterse no principal colectivo peninsular. Pola importancia da presenza galega, creouse en 1804 outra institución de apoio mutuo: «La Santa Hermandad de Santiago el Mayor de los naturales y originarios del Reyno de Galicia». Entre 1790 e 1830, Cuba estaba pasando dunha posición secundaria nos mercados do azucre e do café a ser o primeiro produtor mundial.[22]
En 1841 o Xefe Político da Provincia de Pontevedra[43] informaba á Rexencia Provisional que:
«Puede asegurarse que la cuarta parte o más de los hombres de la numerosa clase del común del pueblo emigra cada año... pero adonde con más frecuencia se dirigen prescindiendo de las provincias costeñas del mediodía de la Península, es a las Provincias del Rio de la Plata y a la Isla de Cuba con la pretensión, por lo general. de agregarse a parientes dedicados al comercio».
Ao final do s. XIX, os galegos representaban o 33,9%[22] dos 130.000 residentes españois. Porcentualmente a colonia galaica incrementara a súa presenza, desde 1859 nun 300%.
Entre o ano 1899 e o ano 1910[44] emigraron dende Galicia ata Cuba uns 84.260 galegos. A este número hai que engadir 293.669 persoas que o fixeron entre os anos 1911 e 1960 segundo as estatísticas oficiais españolas, o que dá un resultado total aproximado de 378.000 galegos emigrados a Cuba no século XX, o que supón o 45% do continxente español. No período que abrangue os anos 1887-1895: Cuba recibe o maior número de galegos, seguida de preto pola Arxentina e o Brasil, en terceiro lugar. A emigración a Cuba sofre un forte receso pola crise de 1903 - 1904[45], orixinada pola caída das exportacións de café debido á superprodución.
Arxentina Editar
Entre os anos 1857 e 1962 chegaron ao país ao redor de 1.110.000 galegos,[40] dos que uns 610.000 radicáronse nel de maneira definitiva, converténdoo no principal destino mundial da súa emigración e ao galego no grupo étnico-rexional máis numeroso entre os que arribaron do Vello Continente á República Arxentina (17% dos inmigrantes europeos). Dende o ano 1912, a maioría diríxese á Arxentina, que recibiu máis da metade da emigración galega a América:[7]
1912-1918: Arxentina o 56,5% e a Cuba o 30,7%
1919-1930: Arxentina o 52,9% e a Cuba o 32,9%
Precisamente no ano 1912, alcanzouse a cota máxima de chegada de galegos, con 46.735, cifra que non tiña precedentes e que nunca sería igualada con posterioridade[46].
Na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, xornalista, escritor, médico, e artista plástico que morreu exiliado na Arxentina, atópase unha icona deste proceso e das súas consecuencias.
Venezuela Editar
Na segunda metade do século XIX houbo algúns ensaios de colonización con inmigrantes europeos que tiveron resultados moi pobres e desalentadores, polo que a comezos da centuria seguinte só quedaban uns poucos deses asentamentos como testemuño desa frustrada experiencia colonizadora.
Venezuela non se incorporou ata o século XX ao grupo de países americanos receptores de inmigración masiva[45] especialmente a partir do goberno do xeneral Marcos Pérez Jiménez (1953) e a súa política de portas abertas á inmigración.[47]
O descubrimento e a explotación masiva de xacementos petrolíferos dende o segundo decenio do século XX supuxo unha profunda transformación da economía e da sociedade venezolanas. O petróleo converteuse na base económica do país e, dende 1926, o valor da produción petroleira superou ao dos produtos agrícolas tradicionais: cacao e café. Venezuela pasou, así, dunha economía agro-exportadora a unha economía mineiro-exportadora ou simplemente petroleira.
A emigración cara a Venezuela intensificouse a partir de 1952 ata 1958, e dende 1954 excede á Arxentina como o país do continente americano de maior recepción de inmigrantes españois, ano no que tamén se converteu no país de maior recepción de inmigrantes de toda América Latina. Simultaneamente creáronse os consulados venezolanos en Santa Cruz de Tenerife e na Coruña o que produciu unha gran vaga de inmigrantes españois.
A metade de todos os españois chegados a Venezuela fíxoo nos seis anos comprendidos entre 1952 e 1958 (150.000 inmigrantes).[45] A emigración galega a Venezuela foi, dentro da española, a segunda máis numerosa, a pouca distancia da canaria. Berglund e Hernández Calimán[48] afirman que dos españois chegados a Venezuela:
Una tercera parte de ellos eran oriundos de las Islas Canarias y otro tercio de las provincias de Galicia
Entre os anos 1948 e 1961 o número de galegos con cédula ascendeu a 78.698, o que supoñería o 36,42% do total de españois chegados a Venezuela,[49] chegando a ser o 50% no ano 1955.[49]
Brasil Editar
A emigración galega ao Brasil comeza a cobrar importancia a partir da última década do século XIX. A abolición da escravitude (1888) provocou unha gran crise de man de obra, e a nivel federal comezan as estratexias que abrisen as portas á devandita inmigración. Por ese entón a máxima das políticas migratorias foi: “brazos para o café”.[50]
Entre os anos 1880 e 1930 saen do porto de Vigo aproximadamente 500.000 galegos rumbo ao Brasil.[51] En cambio, a emigración galega cara ao Brasil nas décadas centrais do século XX foi menos importante, como consecuencia dunha política migratoria restritiva que se reflectiu nun sistema de cotas estabelecido na Constitución de 1934 e que se mantivo ata o ano 1937.[52]
No século XIX estabeleceuse un gran continxente de galegos no norte do país, máis exactamente no estado de Pará. Chegaron para traballar nas colonias agrícolas, pero finalmente estabelecéronse na cidade de Belén e dedicáronse a actividades dentro do sector terciario; cara á década do trinta fundaron un Centro Galaico.[53] Tamén noutros estados houbo presenza galega: no de Amazonas participaron na construción da liña férrea Madeira-Mamoré. No estado de Río de Janeiro fundaron en 1900 un Centro Gallego, e constituíron unha colonia numerosa, de pontevedreses, na súa maioría, dedicados sobre todo ao comercio e negocios de hostalería.
Sen dúbida unha presenza galega singular é a de Salvador, capital do Estado de Baía. A corrente migratoria comeza a partir do ano 1880, e esténdese ata a década do sesenta. Estabelecéronse na súa maioría na cidade, dedicándose fundamentalmente ao comercio en pequenos almacéns de ultramarinos. Presenza galega, houbo tamén nos estados do sur, como en Porto Alegre[53] que, aínda que non é comparable á de Salvador, Río de Xaneiro ou Sao Paulo, foi significativa dado o seu carácter fronteirizo coa Arxentina e o Uruguai.
Uruguai Editar
No Uruguai, a inmigración faise intensa a partir de 1835,[51] composta principalmente por españois: canarios, vascos e navarros, aos que se integrarían logo franceses, ingleses, italianos e máis españois: galegos, vascos e canarios. O crecemento de Montevideo como cidade-porto representaba un evidente atractivo para os inmigrantes de variadas procedencias, entre os cales dominaban italianos e españois, e dentro dos últimos os orixinarios de Galicia cuxa importancia neste período, aínda que descoñezamos as cifras exactas do seu volume, queda reflectida na fundación do Centro Gallego de Montevideo en 1879.[54] Estímase que aproximadamente entre 1860-1880 o 60,5% dos españois radicados en Montevideo eran de procedencia galega e asturiana,[55] mentres que outros cálculos estiman en 12.931 o número de galegos no Uruguai á altura de 1878.
México Editar
A emigración galega a México remóntase a principios do século XX. Procedía na súa maioría da costa cantábrica lucense e do interior pontevedrés. Ata a segunda guerra mundial a maior parte eran coruñeses e lucenses, substituídos máis tarde por pontevedreses e ourensáns; entre estes últimos o grupo máis representativo é o do concello ourensán de Avión,[50] dedicándose principalmente ó comercio e os servizos.
Despois da guerra civil española, chegou un significativo grupo de exiliados políticos, moitos deles destacados intelectuais. Os exiliados galegos en México realizaron un labor destacado no eido cultural e, máis especificamente, dentro da literatura, así cabe salientar o labor editorial levada a cabo polo Padroado dá Cultura Galega de México,[56] que publicou obras de Neira Vilas, Núñez Búa, Manuel María e Méndez Ferrín.
Porto Rico Editar
Porto Rico recibiu uns catro ou cinco mil galegos oriundos na seu maioría, da Coruña e Pontevedra[57]. Cabe salientar a orixe guardesa de moitos migrantes que chegaron a Porto Rico, estes guardeses pioneiros que se beneficiaron da conxuntura económica favorable de mediados do século XIX, unha vez asentados na economía e na sociedade de acollida, comezaron a exercer a súa atración sobre unha gran maioría de inmigrantes guardeses, dedicándose principalmente ó comercio[58].
República Dominicana Editar
Un dos destinos da emigración galega foi a República Dominicana[59]. O auxe de desprazamentos de españois a esta illa sitúase nas dúas primeiras décadas do século XX. Por esas datas, os españois constituían o cuarto grupo en importancia numérica dentro dos inmigrantes en xeral, e o primeiro entre os inmigrantes europeos.
A inmigración española por estes anos estaba composta na súa maioría por homes novos, oriundos de Galicia e Asturias, que chegaran ao país dende Porto Rico e Cuba, dedicados principalmente ao comercio. A importancia numérica e socioeconómica dos inmigrantes españois obsérvase en entidades como o Centro Benéfico Español (1894), a Sociedade Benéfica Española (1908). No ano 1917, fundouse a Casa de España, o Centro Español e a Sociedade Española Mutua de Beneficencia (1922), e en Santiago creouse o Casino Español no ano 1927[51].
Despois da guerra civil española, arribaron á República (1939-1940) un grupo de entre tres a catro mil refuxiados políticos, que pronto fixeron notar a súa influencia cultural no novo país.[60]
Chile Editar
A primeira premisa destacada no estudo da emigración galega a Chile é a da súa escasa importancia cuantitativa e cualitativa se é comparada cos fenómenos de migración galega a outros estados latinoamericanos[61] como Arxentina, Cuba ou Uruguai, xa que este proceso caracterizouse por ser altamente selectivo[62], e ademais o contixente galego dentro do español era minoritario comparado co de Cataluña, Castela e León e sobre todo co do País Vasco.
A emigración galega atópase espallada entre as cidades de Antofagasta, Concepción , e, en maior medida, Valparaíso e Santiago de Chile. A comunidade galega en Santiago de Chile caracterízase polo seu asentamento na pequena e mediana industria e comercio, especialmente en torno ó sector panadeiro-confiteiro.
Estados Unidos[63] Editar
Dende a década de 1880 ata a primeira guerra mundial, máis de tres millóns de españois partiron cara a destinos estranxeiros, unha maioría deses emigrantes foron a Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai, entre 1900 e 1913, menos dun 2%[64] por cento chegaron aos Estados Unidos, o maior destino para a emigración europea en xeral.
Entre os aproximadamente os 8.5 millóns de emigrantes que chegaron ao porto de Nova York dende a década de 1880 ata a de 1920 emigraron preto de 30.000 españois. A maioría destes inmigrantes eran homes novos e solteiros, principalmente galegos, asturianos e vascos[65].
As leis de cotas impostas durante os anos 20 do século pasado reduciron a inmigración española en xeral e a galega en particular, así a lei de cotas de 1921 marcou o comezo do control exhaustivo da inmigración en Estados Unidos e favoreceu a inmigración do norte de Europa mentres limitaba o número de inmigrantes españois a só 912 persoas. Cara ao final da década dos anos 30, á afluencia de inmigrantes galegos uniuse a dos exiliados políticos, que se instalaron en Astoria, Queens, e no sur de Manhattan[66].
De 1917 a 1941, Nova York foi o principal destino migratorio[67] nas vilas de Bueu, Boiro, Ribeira, Muros, Carnota, Bergondo, Sada ou Oleiros. García-Rodeja e Pérez Rey[68] apuntan que a porcentaxe de emigrantes a Nova York na zona da Mariña nesta época foi dun 36% fronte a destinos normalmente máis habituais como Bos Aires (23%) e A Habana (17,1%). Salientan tamén que en Sada, no ano 1935, o 84% dos emigrados desta vila estaban en Nova York.
Nas décadas dos 60 e 70 a falta de estabilidade política e económica debida á crise petroleira en Cuba, México, Arxentina e Venezuela tamén conspirou para conducir a un número sen precedentes de galegos destes países aos Estados Unidos. A maioría destes novos inmigrantes, aínda principalmente da Coruña, seguiron traballando nos peiraos como mariñeiros, estibadores ou instaladores de calefacción. Ademais de Manhattan e Brooklyn en Nova York, Newark—en Nova Jersey— converteuse no porto preferido de estibadores e mariñeiros procedentes da provincia de Ourense, especialmente das municipalidades de Ramirás, Celanova e O Carballiño[66].
A vaga migratoria europea: s.XX Editar
A partir de 1959, en Galicia produciuse unha inversión de correntes migratorias, ao abandonarse paulatinamente o tradicional desprazamento de poboación cara ao continente americano. Diríxese maioritariamente cara a aqueles países europeos que se atopaban en pleno desenvolvemento industrial e tecnolóxico e que precisaban man de obra estranxeira. Mentres que noutras zonas de España o corte do fluxo migratorio cara a América foi máis radical, o caso galego presentou un período en que se producían correntes simultáneas cara aos dous continentes[1]
Na etapa comprendida entre 1946 e 1973, mobilizou a 2.600.000 traballadores españois[69], dos cales 2.000.0000 a partir de 1960, tiveron como destino os principais países europeos.
Entre o ano 1961 e 1975 sairon de Galicia cara Europa aproximadamente 350.000 persoas, sendo Suíza e Alemaña os principais países receptores representando o 80% da migración galega [70] , ou incluso chegando ó 90% entre o 1961 e o 1980[71]. Neste período (1961-1975), os emigrantes galegos representan o 23.14% do total do contixente español e dentro dos galegos cabe salientar os ourensáns que representan o 42.10% do continxente galego[72]
Alemaña Editar
En 1961, os emigrantes galegos permanentes e asistidos polo Instituto Español de Emigración dirixíronse exclusivamente a tres países, dos cales Alemaña foi o máis importante ao absorber á case totalidade (87,74 por 100). Pouca importancia tiveron Francia (7,57 por 100) e Suíza (4,69 por 100)[73]. Alemaña seguiu ocupando o primeiro posto na década dos 60, a excepción do ano 1967, no que foi o pais Helvético o primeiro nas preferencias galegas debido a crise momentánea de Alemaña.
A emigración galega a Alemaña representou a quinta parte do total nacional (20,78%), estando abastecida fundamentalmente por ourensáns (11,82% de España e 56,86% de Galicia) e pontevedreses (4,52% do total nacional e 21,77% do total rexional). Unha importancia lixeiramente máis feble tivo A Coruña (3,71 e 17,89%, respectivamente) e, case nula, Lugo (0,71 e 3,45 respectivamente).
Tratábase dunha emigración fundamentalmente andaluza, galega, madrileña, estremeña, murciana e valenciana (por esta orde), orientada ao sector industrial[69], atraída polos landers de Renania do Norte Westfalia, Baden-Würtenberg e Hesse, os máis industrializados do país. O sector industrial (do metal e da transformación) daba traballo ó 70%[74] dos españois emigrados a Alemaña.
Suíza Editar
En abril de 1959, España e Suíza asinaban un convenio de supresión de visados entre ambos que daba impulso á incipiente emigración, sobre todo galega. Poucas semanas antes rubricouse outro sobre seguros sociais que daba mellor cobertura aos traballadores. A principios do 61, un tratado bilateral regulaba esas relacións laborais. Empezaba así a emigración masiva cara o país Helvético, a meirande parte procedentes da Costa da Morte e comarcas limítrofes.[75]
No período 1961 - 1975, obsérvase un claro predominio de Suíza como país receptor (principalmente a partir do ano 1970) ao acoller a máis da metade dos emigrantes galegos (53,62%), seguido de Alemaña con algo menos da terceira parte (32,96%). O terceiro lugar ocúpao Francia cunha porcentaxe' máis modesta (6,52%) e o cuarto Holanda co (4,25%). Neste período, a emigración galega a Suíza representou o 34,32% da emigración española.[73]
Francia Editar
A emigración laboral a Francia do século XX non é un feito novo, cabe salientar todo un fluxo de braceiros galegos, estremeños e andaluces do século XIX que abriron camiños na xeografía francesa[76].
Polo que a emigración galega a Francia se refire, inda que non sendo tan masiva como a Alemaña ou Suíza, foi constante, así entre os anos 1960 e 1980 dirixíronse aproximadamente 289.792 galegos[77]. Os galegos radicáronse principalmente nas áreas industriais especialmente na de París onde chega haber ata 22.000 galegos[78].
A Casa Galicia en París fúndase no ano 1958[79] coa chegada dos primeiros emigrantes, e é recoñecida polas autoridades francesas en 1959. Esta é a primeira Asociación galega en París. A partir do ano 1974, primeiro ano da crise económica europea, o fluxo de chegadas aminórase polo peche das fronteiras, ata minguar completamente nos anos 80.
Países Baixos[80] Editar
A emigración galega ós Países Baixos foi minoritaria comparada co resto dos países europeos como Alemaña ou Suíza. Ámbolos dous países firmaron o 8 de abril de 1961 un Acordo para a Migración, Contratación e Colocación de Traballadores Españois iniciou unha relación bilateral entre os dous países que se insería dentro da política xeral de emigración española.
A emigración ós Países Baixos é comezou a ser relevante ben entrados os anos 60[69]. No relativo á emigración asistida, o teito foi alcanzado en 1970 con 39.000 españois emigrados, pero a recesión económica, que non tardaría en manifestarse, afectou o colectivo español moito máis que en Bélxica, por canto as súas actividades ocupacionais relacionábanse preferentemente coa industria. En 1975 compútanse 29.492 traballadores españois, 23.500 en 1980 e 17.381 en 1989. Nos anos 90 detéctase un lixeiro incremento, estabilizándose o colectivo laboral español ao redor das 21.000 unidades, cifra que non inclúe aos clandestinos. Galicia e Andalucía foron sempre as rexións de máxima emigración ós Países Baixos, seguidas das Castelas e Estremadura.
Como consecuencia desta emigración galega, creouse o centro galego “Semente Nova” en Ámsterdam no ano 1991 e a Sociedade Cultural e Recreativa “O Lar Galego” en Róterdan no ano 1977, onde ten a súa sé social.
Reino Unido Editar
Dentro da emigración española ó Reino Unido, a galega foi a máis numerosa[81], polo que a migración galega alcanzou aquí cotas cuantitativas mais elevadas[82], e de igual forma que en Bélxica, afectoulle menos a crise dos 70 por vincularse preferentemente a uns sectores concretos pouco danados: a hostalería e o servizo doméstico. Se en 1970 o número de traballadores españois residentes nese país cifrábase en 39.014, no 75 eran 51.329, baixando aos 40.000 un lustro despois por causa dos desaxustes suscitados pola crise, remontada en anos posteriores, como o indica os 69.362 residentes computados en 1989. Na década última, despois de descender esa cifra por debaixo dos 50.000, superou ese máximo a partir de 1996.
A vaga migratoria á Península no s.XX Editar
Cataluña Editar
Cataluña foi, desde sempre, un destino preferente para a emigración galega, polo que conta co seu Centro Galego, en Barcelona, nacida xa en 1923[83]. Dicíase que despois do catalá e o castelán, o galego era a terceira lingua máis usada en Cataluña[84].
Euskadi[85] Editar
A primeira gran vaga de galegos emigrados a Euskadi foi a finais do séxulo XIX e a comezos do século XX, proviñan do interior e tiñan unha escasa cualificación. A segunda chegada masiva tivo lugar ao redor dos anos 1920-30 e a súa procedencia e asentamento foron ben distintos. Proviñan de poboacións moi concretas da costa galega: Santa Uxía de Ribeira, Corme, Corrubedo, Porto do Son, Poio e o seu lugar de asentamento foi Pasaia, creando un barrio, Trintxerpe, coñecido como a quinta provincia galega.
E a terceira vaga acudiu ás terras éuscaras con motivo da segunda industrialización dos anos 1950-1970. Este fluxo migratorio foi moito maior en número que o de finais do XIX, e que durante esa década e a de 1960[86], chegou a Bizkaia e Gipuzkoa principalmente[87], para posteriormente dirixirse a Áraba e Navarra, aínda que nesta última resultou menos significativa. Concentráronse basicamente en zonas urbanas, onde foran atraídos tanto pola demanda de man de obra na puxante industria, como polas redes sociais establecidas por outros inmigrantes que, como é habitual, resultan tan importantes nos procesos migratorios. As maiores porcentaxes de inmigración, superior ao 30%[88], déronse nas capitais e nas comarcas máis industrializadas, destacándose, entre outras, Vitoria, Bilbao, a Marxe Esquerda biscaíña ou Irún.
A inmigración galega é considerada como «inmigración amable», termo acuñado polo xa falecido Ruiz Olabuénaga[89]. A cantidade máxima de galegos no País Vasco situouse cara a 1970, cuns 75.000 galegos, que se foi reducindo paulatinamente ata alcanzar os case 42.000 actuais.[cando?]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Historias de ida e volta". Consello da Cultura Galega. Consultado o 25/09/2023.
- ↑ Eiras Roel, Antonio (1993). Aportaciones al estudio de la emigración gallega. Un enfoque comarcal.
- ↑ Villares, Ramón (2004). Historia de Galicia. Galaxia. p. 267. ISBN 84-8288-655-X.
- ↑ Xosé Manoel, Nuñez Seixas (2002). History and collective memories of migration in a land of migrants: the case of Iberian Galicia 14. Indiana University Press. pp. 229–240. ISSN 1527-1994.
- ↑ Villares, Ramón (1996). Historia da emigración galega a América. ISBN 978-84-453-1714-3.
- ↑ Eiras Roel, Antonio (1989). Sobre las motivaciones de la emigración gallega a América y otros aspectos. Un enfoque comparativo 2. Revista Galega do V Centenario. pp. 67 y ss.
- ↑ 7,0 7,1 Campos Álvarez, José Ramón (1993-1994). "La emigración gallega a América (1880-1930) integración y retorno". Minius. II-III (Universidade de Vigo) (2-3): 133–145.
- ↑ Alonso Álvarez, Luis (2010). "La economía de Galicia, una panorámica c.1750-2010". Historia Contemporánea 42: 15–65. ISSN 1130-2402.
- ↑ 9,0 9,1 Ferrás Sexto, Carlos; Macía Arce, Xosé Carlos; García Vázquez, María Yolanda; Armas Quintá, Francisco X. (2004). "El Minifundio sostenible como un nuevo escenario para la Economía Gallega". Revista Galega de Economía 13 (1-2): 1–25. ISSN 1132-2799.
- ↑ Balchada, Sergio. "Sociedad e Historia". O sistema foral galego. Consultado o 27/09/2023.
- ↑ Balboa López, Xesús (2005). La propiedad de la tierra en la Galicia contemporánea. pp. 441–460. ISBN 84-344-6790-9.
- ↑ Barreiro Gil, Manuel Jaime (2001). "O atraso económico e o sistema de transporte terrestre na Galicia do século XIX". Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 10 (1): 63–82. ISSN 1132-2799.
- ↑ García Fuentes, Manuel (1986). La red viaria gallega 1750 - 1850. Santiago de Compostela.
- ↑ García Fuentes, Manuel (1999). Galicia incomunicada por red viaria en el siglo XVIII. A Coruña: Universidade da Coruña. Servicio de publicacións.
- ↑ Sixirei Paredes, Carlos (1988). A Emigración. Vigo: Galaxia. pp. 56–58.
- ↑ Piqueras Haba, Juan (2010). "El Oidium en España: La primera gran plaga americana del viñedo. Difusión y consecuencias 1850-1870". Scripta Nova - Revista electrónica de Geografía y Ciencias Sociales (Universidad de Barcelona ed.) 14 (332). ISSN 1138-9788.
- ↑ Rodríguez Galdo, María Xosé; G. Del Arroyo, Fausto Dopico (1978). A crise do viñedo a mediados do s,XIX e os problemas de monetización da economía galega. 16 62. Galaxia. pp. 392 – 402.
- ↑ Camargo, César (2018). "1853, año del hambre en Galicia". Cuadernos de Domingo Fontán. Consultado o 01/10/2023.
- ↑ Rionegro Fariña, Isolina (1999). La producción agraria de la Galicia interior a finales del antiguo régimen: Dos comarcas de Ourense. 18. Historia Agraria. pp. 181–199.
- ↑ Hervés Sayar, Henrique; Fernández González, Ángel; Fernández Prieto, Lourenzo; Artiaga Rego, Aurora; Balboa López, Xesús L. (1997). Resistencia y organización. La conflictividad rural en Galicia desde la crisis del Antiguo Régimen al franquismo. Noticiario de Historia Agraria 13. p. 185. ISSN 1132-1261.
- ↑ Rodríguez Galdo, María Xosé (1983). Hambre, epidemia y crisis demográfica en la Galicia litoral a mediados del siglo XIX 35. Revista Asclepio. pp. 53–68. ISBN 84-00-05598-5.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 Sixirei Paredes, Carlos (1999). Los gallegos en Cuba en el siglo XIX: Cultura y Regionalismo. Historia Contemporánea 19. Universidad de Vigo. pp. 197–212. ISSN 1130-2402.
- ↑ El Iris de Galicia, 22-VII-1857, p. 2.
- ↑ 24,0 24,1 Vázquez Arias, Juan Carlos (2008). A fame de 1853 en Pontedeume 15. Cátedra. Revista eumesa de estudios. ISSN 1133-9608.
- ↑ Urquijo Goitia, José Ramón (1980). El bienio progresista en Madrid. Madrid: Tesis Doctoral inédita. p. 79.
- ↑ González de Sámano, Mariano (1858). Memoria Histórica del cólera morbo-asiático en España II. Madrid. p. 308-310.
- ↑ Pérez Díaz, Rafael Luís (2021). "El Cólera en España (1854 - 1856). Algunas consideraciones legales, sanitarias, sociales, económicas y demográficas". Brocar (45): 253–295. ISSN 1885-8309.
- ↑ García Lombardero, Jaime (1984). La economía de Galicia en los siglos XIX y XX. 20. Papeles de Economía Española. p. 321.
- ↑ Sarmiento, Érica; Álvarez Gila, Óscar (2019). Servicio militar y emigración. Reflexiones, posibilidades y problemas desde el caso español. Confluenze. Rivista di Studi Iberoamericani. 1 XI. pp. 293–311. ISSN 2036-0967.
- ↑ Moreno Fraginals, Manuel R.; Moreno Masó, José J. (1993). Guerra, migración y muerte (el ejército español en Cuba como vía migratoria). Cruzar el charco. ISBN 978-84-7286-336-1.
- ↑ Vidal Rodríguez, José Antonio (2009). "Causas y factores posibilitadores del proceso migratorio en el el discurso de los emigrantes: Gallegos en Cuba en la primera mitad del siglo XX". Revista de Indias LXIX (245): 15–42. ISSN 0034-8341.
- ↑ Vázquez González, Alexandre (2015). Emigrantes galegos, transportes e remesas (1830-1930). Consello da Cultura Galega. Fundación Barrié.
- ↑ Devoto, Fernando. Las cadenas migratorias de Santiago de Compostela hacia las Américas. Un ejercicio metodológico. 11. SEMATA. Ciencias Sociais e Humanidades. pp. 299–315.
- ↑ Fernández Saavedra, Antonio (1986). Antología de un hombre que perdió su futuro. Sada: Edicións do Castro. pp. 18–19.
- ↑ 35,0 35,1 González Lopo, Domingo L. (2003). "Migraciones Históricas de los Gallegos en el espacio Peninsular (siglos XVI - XIX)". Obradoiro de Historia Moderna (12): 167–182. ISSN 1133-0481.
- ↑ Pascua Sánchez, Mª J. (1994). Los Gallegos en el Cádiz de la carrera de Indias. Balance secular de un proceso migratorio (1682-1778) 2. ISBN 84-605-3435-9.
- ↑ Gómez Urdáñez, José Luis (2002). Cambio económico y movimientos migratorios. Dos coyunturas demográficas en la Historia de la Rioja. p. 304. ISBN 84-9750-127-6.
- ↑ Boyd-Bowman, Peter (1967). La procedencia de los españoles de América.
- ↑ 39,0 39,1 Sixirei Paredes, Carlos (2006). Andalucía y Galicia. Dos modelos de emigración regional a América. XII Encuentro de Latinoamericanistas españoles. Santander, 21 al 23 de septiembre de 2006. pp. 184–194. ISBN 84-89743-44-4.
- ↑ 40,0 40,1 Farías, Ruy (2016). "Migraciones y exilios gallegos en la Argentina (ss. XVIII-XXI): algunos comentarios a la bibliografía sobre el tema". Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación. Universidad Nacional de la Plata (Olivar) 17 (25). ISSN 1852-4478.
- ↑ Bustelo, F. (1974). "Introducción ao estudo cuantitativo da poboación galega no S. XVIII.". Grial (Vigo) 45. ISSN 0017-4181.
- ↑ Maluquer de Motes Bernet, Jordi (1992). Nación e inmigración. Los españoles en Cuba (S. XIX-XX). Ediciones Júcar. ISBN 8472863328.
- ↑ Rodríguez Galdo, María Xosé; Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto (1981). Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el S. XIX. A Coruña: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-056-6.
- ↑ Vidal Rodríguez, José Antonio (2005). La emigración gallega a Cuba: trayectos migratorios, inserción y movilidad laboral, 1898 - 1968. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 84-00-08351-2.
- ↑ 45,0 45,1 45,2 Campos Álvarez, Xosé Ramón (2016). "La emigración gallega a Venezuela". Universidad Complutense de Madrid: 142.
- ↑ Vázquez González, Alejandro P. (1999). La emigracion gallega a América 1830-1930 2. Universidad de Santiago de Compostela. p. 513.
- ↑ Hernández Arvelo, M.A. (1992). La presencia gallega en Venezuela. Consello da Cultura Galega. Galicia y América. Cinco Siglos de Historia (Xunta de Galicia. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. Comisionado Director del V Centenario ed.) (A Coruña).
- ↑ Berglund, S; Hernández Calimán (1985). Los de afuera: un estudio analítico del proceso migratorio en Venezuela, Caracas, Centro de Estudios de Pastoral y Asistencia Migratoria (CEPAM).
- ↑ 49,0 49,1 Contiña, Ramón (1982). Gallegos en Venezuela. Caracas: Logos.
- ↑ 50,0 50,1 Cagiao Vila, María del Pilar (1992). Cinco siglos de emigración gallega a América. Historia General de la Emigración Española a Iberoamérica. N. 2 (Historia 16 ed.). CEDEAL.
- ↑ 51,0 51,1 51,2 Samuelle Lamela, Cristina (2000). La emigración gallega al Río de la Plata. A Nosa Diáspora. Xunta de Galicia. p. 89. ISBN 84-453-2964-2.
- ↑ Hernández Borge, J. (1992). Factores de atracción de los paises de destino. CEDEAL. Tomo I (Historia 16 ed.). Madrid. pp. 635 – 655.
- ↑ 53,0 53,1 Leal Braga, C. (1992). La presencia gallega en Brasil. Comisionado Director do V Centenario. Consello Da Cultura Galega (Xunta de Galicia. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. ed.). A Coruña: Galicia e América. Cinco Siglos de Historia.
- ↑ Cagiao Vila, María del Pilar (2005). "La inmigración gallega en Uruguay (1870-1936)". Anuario americanista europeo (3): 93 – 112. ISSN 1729-9004.
- ↑ Camou, María M. (1997). Volumen y características demográficas de la inmigración española. Españoles en el Uruguay. Características demográficas, sociales y económicas de la inmigración masiva. FHUCE. Montevideo: Carlos Zubillaga.
- ↑ Alonso Montero, Xesús (1992). La literatura gallega en América (Galicia América. Cinco Siglos de Historia. Xunta de Galicia. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno Comisionado Director do V Centenario. Consello da Cultura Galega ed.). A Coruña.
- ↑ Eiras Roel, A.; Rey Castelao, O. (1992). Los gallegos y América. Madrid: Colecciones MAPFRE 1492.
- ↑ Villa Álvarez, J.M. (1996). “El hombre de negocios guardés en Puerto Rico (1880-1930). Vicerectorado de Asuntos Exteriores de la Universidad de Santiago de Compostela. pp. 1 – 20.
- ↑ García Arévalo, Manuel Antonio (1987). Inmigración española a Santo Domingo: Presencia gallega. pp. 337–372.
- ↑ Díaz Pardo, Isaac (1992). Exiliados gallegos en América. Talleres de Gráfico Galaico.
- ↑ Rodríguez Lago, José Ramón (1999). Galegos en América e americanos en Galicia. A Nosa Diáspora. Estudios. De Galicia ós Andes. Aproximación ó fenómeno da emigración galega a Chile. pp. 311 – 335. ISBN 84-453-2437-3.
- ↑ Stabili, M. (1989). Las políticas migratorias de los gobiernos chilenos desde la segunda mitad del siglo pasado hasta la década de 1920. Estudios Migratorios Latinoamericanos 12. Bos Aires.
- ↑ Álvarez Estévez, Mónica (2020). "Entre dos orillas: la inmigración gallega en Nueva York. Morriña e identidades transnacionales". Estudios del Observatorio/Observatorio Studies (Instituto Cervantes at FAS - Harvard University ed.). ISSN 2688-2930.
- ↑ Sánchez Alonso, Blanca (2000). "Those Who Left and Those Who Stayed Behind: Explaining Emigration from the Regions of Spain, 1880-1914.". The Jounal of economic History (3): 730–755.
- ↑ Delgado, Lorman (2016). Emigración Española a Estados Unidos (1870-1936). p. 13.
- ↑ 66,0 66,1 Pérez Rey, Nancy (2001). Panorama do exilio galego en Nova York. Actas do Congreso Internacional “O exilio galego". Xunta de Galicia. pp. 600–614.
- ↑ "A emigración galega en Nova York e Nova Jersey". www.newyork.gal. Consultado o 28/09/2023.
- ↑ García Rodeja Arribí, Carmen; Pérez Rey, Nancy (2003). Mulleres galegas na emigracióndas Mariñas a Nova York. VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. pp. 425–436. ISBN 978-84-8485-266-7.
- ↑ 69,0 69,1 69,2 Vilar Ramírez, Juan Bautista (2000). "Las emigraciones españolas a Europa en el siglo XX. Algunas cuestiones a debatir". Migraciones & Exilios: Cuadernos de la Asociación para el estudio de los exilios y migraciones ibéricos contemporáneos (1): 131–159. ISSN 1577-3256.
- ↑ Bertrand, Jean René (1999). "La emigración gallega, ¿Sistema original?". SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades (Le Mans) 11: 439–455. ISSN 1137-9669.
- ↑ Suárez Castiñeira, María Luz; Parrado Freire, Alexandre Gaiferos (2011). A integracion das linguas rexionais ou minoritarias no Espazo Europeo de Educación Superior. Letras 54. Bilbao: Universidad de Deusto. p. 44. ISBN 978-84-9830-310-0.
- ↑ González Parente, Mariluz; Lombán Pazos, Marta (2000). Nais, xornaleiras e emigrantes. Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 84-8121-845-6.
- ↑ 73,0 73,1 Hernández Borge, Julio (1976). La emigración gallega a Europa. 112 2. Boletín de la Real Sociedad Geográfica. pp. 359–372. ISSN 0210-8577.
- ↑ Muñoz Sánchez, Antonio (2012). Una introducción a la historia de la emigración española en la República Federal de Alemania 46. Iberoamericana XII. p. 23-42.
- ↑ Garrido Rial, Santiago (28/04/2019). "El gran éxodo a Suíza cumple 60 años". La Voz de Galicia. Consultado o 27/09/2023.
- ↑ Duroux, Rose (2002). La emigración a Francia (segunda mitad del siglo XX). Unas reflexiones sobre retornos y reintegraciones 211. Université Blaise Pascal, Clermont-Ferrand. pp. 577–596.
- ↑ Alonso Antolín, María Cruz (1983). La emigración gallega asistida a la República Federal de Alemania, Francia y Suiza. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social. p. 14. ISBN 84-500-9332-5.
- ↑ Xunta de Galicia (1994). "lnforme.Colonia Gallega de residentes en países europeos. Evolución, repercusiones positivas de la Europa unida para los gallegos residentes en el exterior.". Secretaria Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Santiago de Compostela): 4.
- ↑ Olveira Olveira, Esther. "II". A emigración española a Francia.
- ↑ Piera, Carlos (2012). "Cincuenta años de la emigración española en Holanda". Carta de España (686). ISSN 0576-8233.
- ↑ Aragón Bombín, Raimundo (1986). Panorama de la emigración española en Europa,. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.
- ↑ de Luís Botín, Marga (1989). Españoles en el Reino Unido: breve reseña, 1810-1988. Emigración 1. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 1989.
- ↑ "A acción cultural galega en Cataluña mantén desde hai anos unha vizosa actividade que renova os seus xeitos de actuación". Cultura Galega. Consultado o 29/09/2023.
- ↑ González, Xosé (17/08/2021). "Galegos en Catalunya". Galicia Confidencial. Consultado o 29/09/2023.
- ↑ Estévez, Xosé (2018). "La inmigración gallega en Euskal Herria". Gara. Consultado o 02/10/2023.
- ↑ Ruiz Olabuenaga, José Ignacio; Blanco, Cristina (1994). La inmigración vasca. Análisis trigeneracional de 150 años de inmigración. Universidad de Deusto. ISBN 84-7485-318-4.
- ↑ García-Sanz Marcotegui, Ángel; Mikelarena Peña, Fernando (2000). Evolución de la población y cambios demográficos en Navarra durante el siglo XX. 16. Gerónimo de Uztáriz. pp. 125–138. ISSN 1697-5081.
- ↑ Iraola, Iker; Mateos, Txoli; Zabalo, Julen (2011). "Discursos sobre la integración. La inmigración al País Vasco en los años 1950-1970". Departamento de Sociología. Universidad del País Vasco 10 (3): 115–130. ISSN 1577-239X.
- ↑ Ruiz Olabanuéga, José Ignacio (2001). Emigración gallega al País Vasco. Letras galegas en Deusto: dez anos de estudios galegos 1991-2001. p. 159-164. ISBN 84-7485-763-5.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diáspora galega |
Bibliografía Editar
- "emigración". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez, Delmi (2017). Galegos na diáspora 1989-2009. ISBN 9781544182995.
- Núñez Seixas, Xosé M. (2005). "EMIGRACIÓN". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Álvarez, Delmi. The Galician Diaspora (1989-2009) documentary en Vimeo.