Galegos en Alemaña
Os galegos en Alemaña son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Alemaña. No ano 2016, eran 17 023 habitantes,[1] concentrados principalmente na cidade de Hamburgo, onde viven máis de 4 000, e en menor medida, noutras zonas do país.[2]
HistoriaEditar
Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[3] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.
A emigración galega en Alemaña foi especialmente intensa na década de 1960, e estivo vinculada á necesidade de man de obra pouco cualificada nese país, como por exemplo no sector da construción.[4] Moitos dos traballadores galegos que marcharon a Alemaña fixérono contratados a través da Oficina Federal de Colocación e do IEE. Porén, calcúlase que un de cada tres emigrantes galegos en Alemaña fixérono de maneira "irregular"[4] buscando transporte, traballo e aloxamento polos seus propios medios.
NotasEditar
- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Feijóo destaca el papel de los emigrantes gallegos en Alemania por contribuir a hacer una Galicia más amplia y universal, y los conmina a ser "embajadores de nuestro país, faros de nuestra cultura y profetas de nuestra tierra"". 22 de xuño de 2014. Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 consellodacultura.gal (ed.). "Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60". Consultado o 3 de maio de 2022.