Galegos en Suíza
Os galegos en Suíza son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Suíza. No ano 2016, eran arredor de 40 983 habitantes.[1] A inmigración galega en Suíza formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a maior diáspora galega nun país europeo, por diante de Francia.[2][3] Suíza ocupa o quinto lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.
Historia
editarHistoricamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.
Censo electoral de galegos residentes en Suíza por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 16.491 |
Provincia de Lugo | 2.757 |
Provincia de Ourense | 7.879 |
Provincia de Pontevedra | 6.743 |
Total de galegos en Suíza | 33.870 |
Notas
editar- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ emigracion.xunta.gal, ed. (21 de abril de 2020). "Miranda percorre a realidade das e dos galegos de Suíza e Francia, os dous países europeos con maior presenza galega, xunto a Liechtenstein nesta pandemia a través de videoconferencia". Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ "La realidad de los gallegos de Suiza y Francia, los dos países europeos con mayor presencia gallega bajo la mirada de Miranda". laregioninternacional.com. 21 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Garrido Rial, Santiago (28/4/2019). "El gran éxodo a Suíza cumple 60 años". La Voz de Galicia (en castelán).