Diáspora galega
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A xénese do procesoEditar
Nas súas orixes obedeceu a razóns económicas e sociais, marcadamente á pobreza como consecuencia da falta de traballo, a isto sumáronselle razóns políticas, fundamentalmente pola represión franquista, que en Galicia comezou en xullo de 1936, ó pouco de estalar a guerra civil.
Na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, xornalista, escritor, médico, e artista plástico, atópase unha icona deste proceso e das súas consecuencias.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Álvarez, D. (2017): Galegos na diáspora 1989-2009. ISBN 9781544182995 (Primeira edición)