Concepción, Chile
| |||
Rexión | Biobío | ||
Superficie | 221,6 km² | ||
Poboación Densidade |
216.061 (2002) 975 hab./km² | ||
Elevada á cidade en | 5 de outubro de 1550 | ||
Latitude | 36º 46' 22" S | ||
Lonxitude | 73° 03' 47" O | ||
Altitude | 12 m | ||
Distancia de Santiago | 510 Km | ||
Código postal (CEP) | 3349001 | ||
Internet: | www.concepcion.cl | ||
Alcalde | Álvaro Ortiz | ||
Localización no Chile | |||
---|---|---|---|
![]() |
Concepción ( pronunciación (axuda · info)) é unha cidade chilena, con 216.061 habitantes (INE 2002) e é a capital da VIII rexión de Biobío e da provincia homónima. O territorio comprendido polas comunas de Concepción, Hualpén, Talcahuano, Chiguayante, San Pedro de la Paz e Penco integran a área metropolitana de Gran Concepción, que tiña unha poboación de 889.725 habitantes no 2002.
Historia editar
A cidade foi fundada o 5 de outubro de 1550 polo conquistador español Pedro de Valdivia, baixo o nome de La Concepción de María Purísima del Nuevo Extremo. Formou parte do primeiro intento independentista de Chile, en 1810, ao mando do avogado Juan Martínez de Rozas[1] e foi a cidade capital do Reino de Chile entre os anos 1565 e 1573, quedando mantida como o centro militar e político do reino para o resto do período colonial do país[2]. Desde entón, é o centro da aglomeración rexional máis populoso do país desde os inicios do século XX, e ten como símbolo cultural a Praza da Independencia, que é o lugar onde foi feita a declaración solemne sobre a liberación chilena do realismo español.
Na comuna hai varias pontes, parques e murais. Concepción concentra as súas actividades na área de servizos e funciona como centro financeiro do Gran Concepción[3]. Ten tamén moitos colexios e universidades, entre as cales xa destacan a Universidade de Concepción, a Universidade do Bío-Bío e a Universidade Católica da Santísima Concepción[4].
Xeografía editar
Clima editar
Concepción está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos suaves e veráns templados. A temperatura media anual é de 12,7 °C[5]. Nos meses entre maio e agosto son os máis fríos no inverno, con 10,8 °C/8,8 °C. Os veráns son moi calorosos, xaneiro posúe a media máis alta, con 16,3 °C e todos os anos supéranse os 22 °C en varias ocasións.
As precipitacións teñen unha media anual de 1130,6 mm ao ano, concentradas nos meses de maio a agosto, xuño é o mes máis chuvioso, con 241,3 mm. Hai 102 días de choiva ao ano, 2.616 horas de sol ao ano, ninguna xeada e ningún nevado na zona.
Galería de imaxes editar
-
O Arco de Medicina do Campus da Universidade de Concepción.
-
A Torre Andes.
-
O Río Biobío.
-
A Catedral da cidade antes do Terremoto de Chillán en 1939.
-
O Biobús.
-
Hotel O Araucano
-
A Praza da Independencia.
Cidades irmás editar
As cidades irmandadas de Concepción:
Notas editar
- ↑ Arquivo de don Bernardo O'Higgins, vol.I, p.68-69
- ↑ I. Municipalidad de Concepción. «Concepción: Una visión histórica y patrimonial Arquivado 28 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
- ↑ SERNATUR: Región del Biobío. «Provincia de Concepción Arquivado 23 de marzo de 2013 en Wayback Machine.». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
- ↑ Memoria Chilena. «Universidad de Concepción (1919-1968)». Consultado o 5 de xaneiro de 2014. (en castelán)
- ↑ Anuario Estadístico Ciudad de Concepción 2003 de la Ilustre Municipalidad de Concepción (ligazón morta dispoñible no Internet Archive; véxase o historial e a última versión). Consultado o 18 de abril de 2017. (en castelán)
- ↑ Meteo Chile, Información climatológica de estaciones chilenas, December 2013 Arquivado 17 de abril de 2012 en Wayback Machine., Consultado o 2 de febreiro de 2014 (en castelán)
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Concepción |