Abrir o menú principal

San Miguel de Tucumán[1] é a capital da Provincia de Tucumán, situada no noroeste da República Arxentina a 1.311 km da Cidade de Bos Aires. Coñecida como "El Jardín de la República", é a quinta maior cidade da Arxentina , tras Buenos Aires, Córdoba, Rosario e Mendoza. Ademais é a máis importante do Norte arxentino. O crecemento da cidade superou os límites orixinais, levándoa a ocupar territorios dos departamentos circundantes en todas direccións, dando así orixe á conurbación do Gran San Miguel de Tucumán. A súa importancia histórica reside maiormente, entre outras cousas, porque foi nesta cidade onde se produciu a Declaración de independencia da Arxentina o día 9 de xullo de 1816.

NotasEditar

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1873. ISBN 9788482893600. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.