Rosario, Santa Fe

cidade da Arxentina

Coordenadas: 32°57′S 60°39′O / -32.950, -60.650

Rosario é unha cidade da Arxentina e un porto, cabeza do departamento que leva o mesmo nome e a cidade máis grande da provincia de Santa Fe. Con 1.000.000 de habitantes no 2005 é a terceira cidade da Arxentina, despois de Buenos Aires e Córdoba. Constitúe un importante centro cultural, económico, educativo, financeiro e de entretemento e forma parte do chamado Triángulo agrario, xunto coas localidades de Pergamino e Venado Tuerto.

Rosario, Santa Fe
Imaxes da cidade
Localización
Rosario en Arxentina
Rosario
Rosario
País Arxentina
ProvinciaProvincia de Santa Fe
DepartamentoDepartamento Rosario
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie178,69 km²
Demografía
Poboación973 947 hab. (2016)[1]
Densidade5 726 hab/km²
XentilicioRosarino/a
Outros datos
Código postalS2000
AlcaldeMónica Fein, PS-FPCyS[2]
Páxina oficial de Rosario

Atópase na marxe occidental do río Paraná, parte da hidrovía Paraná-Paraguai, sobre o que está encravado un porto de 140 hectáreas que manexa tanto cargas xerais como a granel.[3] Xunto a varias localidades da zona conforma a Área Metropolitana Rosario (con 1 690 816 habitantes, segundo o censo de 2010), que excede e inclúe o Gran Rosario (o terceiro conglomerado urbano do país con 1 236 089 persoas)[1] e o departamento Rosario. No ano 2010, proxectouse unha poboación para o departamento Rosario (composto pola cidade de Rosario e outros 23 concellos máis) de 1 199 364 persoas, segundo datos achegados polo INDEC (Instituto Nacional de Estadística y Censos).[1] Segundo a mesma proxección, o concello de Rosario contaba con 948 312 habitantes.[1][4]

Rosario é coñecida como o berce da bandeira arxentina, e o seu edificio máis coñecido é o Monumento á Bandeira. Na cidade naceron moitos deportistas consagrados internacionalmente tales como Lionel Messi, César Luis Menotti, Luciana Aymar, Maximiliano Rodríguez, Edgardo Bauza, Gerardo Martino, Angel Di María, Marcelo Bielsa e Mauro Icardi, entre outros. Tamén salientan personalidades como Che Guevara, Alberto Olmedo, Roberto Fontanarrosa, Libertad Lamarque, Fito Páez, Antonio Berni, Valeria Mazza, entre outros.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ministerio del Interior y Transporte - Censo 2010 - Municipio de Rosario". 
  2. "Candidatos ganadores generales 2011". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2012. 
  3. "Rosario: un puerto con ventajas". Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  4. "Dirección General de Estadísticas - Indicadores demográficos". Consultado o 8 de setembro de 2012. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar