Río Paraná
O río Paraná é un río suramericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o río Amazonas. O seu curso transcorre polos territorios do Brasil, Paraguai e a Arxentina, cun percorrido de 2.570 km. A súa lonxitude podería ser considerada superior (3.998 km) se se contase a distancia desde a cabeceira do río Paranaiba, no Brasil. O nome Paraná provén da lingua tupí e significa "como o mar". Na súa conca viven, aproximadamente, 75 millóns de persoas.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | América do Sur | ||||
País da cunca | Brasil, Bolivia, Paraguai e Arxentina | ||||
División administrativa | Provincia de Buenos Aires, Arxentina, Provincia de Entre Ríos, Arxentina, Provincia de Santa Fe, Arxentina, Provincia de Corrientes, Arxentina, El Chaco, Arxentina, Misiones, Arxentina, Ñeembucú, Paraguai, Departamento de Misiones, Paraguai, Itapúa, Paraguai, Alto Paraná, Paraguai, Canindeyú, Paraguai, Estado do Paraná, Brasil, Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul, Brasil, São Paulo, Brasil e Minas Xerais, Brasil | ||||
Localización | Rio Grande (pt) | ||||
Final | |||||
División administrativa | Arxentina | ||||
Localización | Río da Prata | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | 47 | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio da Prata (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 4.880 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.582.672 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 16.000 m³/s | ||||
Curso
editarO Paraná fórmase da confluencia dos ríos Paranaiba e Grande do Sul, no estado brasileiro homónimo, sito na parte meridional do país. Desde aí o río flúe en dirección suroeste durante uns 619 km antes de chegar á cidade de Saltos del Guaira, en Paraguai. En tempos estaban aí as sete cascadas de Sete Quedas, que foron desfeitas pola posta en marcha, no ano 1984, da presa de Itaipú.
Nos seguintes 190 km o Paraná baixa en dirección sur formando fronteira natural entre Paraguai e mais o Brasil, até xusto a confluencia co río Iguazú. Algo antes desta xunta dos ríos, érguese a mole da presa de Itaipú, que conforma a estación hidroeléctrica maior do mundo, e orixinando unha extensa área de pantanos.
Pouco despois do Iguazú, o río Paraná tórnase fronteira, mais esta vez entre Paraguai e a Arxentina, para continuar a súa viaxe para o sur ao longo de 468 km adicionais, antes de facer unha grande virada para o oeste duns 820 km de percurso e encontrarse co Río Paraguai, o maior afluente de toda a súa conca. Mais antes desta confluencia o río pasa por outro grande encoro hidroeléctrico: Yaciretà, un proxecto común entre Paraguai e a Arxentina. O nivel do río subiu tanto a causa desta presa, que segundo sexan as choivas asolaga as partes máis baixas das poboacións do sector.
Desde a confluencia co río Paraguai, o Paraná volve virar cara ao sur por outros 820 km en dirección á Arxentina, efectuando un pequeno xiro ao leste preto da cidade de Rosario. No derradeiro tramo percorre case 500 km antes de unírselle o río Uruguai, formando deseguido o río de la Plata e desembocar no océano Atlántico. Antes disto, e xusto augas abaixo da cidade de Diamante, o curso desdóbrase en diferentes brazos formando o delta do Paraná, unha extensa chaira fluvial duns 60 km de anchura.
Afluentes
editarEntre os numerosos tributarios do Paraná cómpre citarmos:
Explotación dos recursos
editarO Paraná e mais os seus afluentes crean unha gran conca que drena a maior parte do sur de América do Sur, abranguendo todo Paraguai, a maioría da parte meridional do Brasil, o norte da Arxentina, e aínda parte de Bolivia.
O volume de auga que entrega no océano Atlántico, por intermediación do río de la Plata é aproximadamente ao que desauga o río Mississippi. Esta conca abastece as grandes cidades de Buenos Aires, Asunción e Brasilia. As presas de Yacyretá e Itaipú, en Paraguai, converten este país no principal exportador de enerxía de orixe hidroeléctrica do mundo.
Algunhas especies de peixes, como p.e. o surubí e o sábalo) son explotadas masivamente para consumo interno e exportación, dotando de recursos aos pescadores locais.
Navegabilidade
editarO Paraná é navegábel en bastantes tramos.
Véxase tamén
editarLigazón externa
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Paraná |