Córdoba, Arxentina
Córdoba é unha cidade arxentina, capital da provincia homónima, situada na rexión central do país, a ambas as beiras do Río Suquía, con preto de 1 400 000 habitantes. O seu territorio está dividido en 10 Centros de Participación Comunal, e é o único municipio do Departamento Capital.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Provincia da Arxentina | Provincia de Córdoba | ||||
Departamento da Argentina (pt) | Capital (departamento de Córdova) (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.329.604 (2010) (2.308,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 576 km² | ||||
Altitude | 390 m | ||||
Creación | 1573 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Cabinet of Córdoba (en) | ||||
• Alcalde | Daniel Passerini (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of Córdoba (en) , (Escano: 31) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | X5000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 351 e 3543 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cordoba.gob.ar | ||||
Pola súa extensión, 576 km². Ten forma de cadrado de pouco menos de 24 km de lado. Limita ao norte co departamento Colón; ao leste co Departamento Colón (norte do río Suquía) e o departamento Santa María (sur do río Suquía); ao sur co Departamento Santa María e ao oeste co Departamento Santa María (sur do río Suquía) e o Departamento Colón (norte do río Suquía).
Historia
editarCórdoba foi fundada o 6 de xullo de 1573 polo adiantado Jerónimo Luis de Cabrera co nome de Córdoba da Nova Andalucía, mais desobedeceu as ordes do Vicerrei do Perú e fundou Córdoba máis ao sur da xurisdición que se lle asignara. Dita desobediencia motivou que Cabrera fora decapitado na cidade de Lima, o 17 de agosto de 1574.
En 1580 comezou a construción da Catedral de Córdoba, finalizada en 1758. En 1610 fundouse o Colexio Máximo do cal derivou en 1613 a Universidade de Córdoba (actualmente Universidade Nacional de Córdoba), a máis antiga do país e a cuarta de América.
Xeografía
editarO río Suquía atravesa o termo municipal en sentido noroeste a leste. Ten as súas nacentes no Val de Punilla a máis de 70 km ao oeste do centro da cidade, sendo as súas augas embalsadas no Lago San Roque a máis de 25 km de dicho centro. Por outro lado, o arroio La Cañada transcorre en sentido suroeste a norte e conflúe co río Suquía na zona céntrica da cidade. Este arroio foi encamiñado na terceira década do século XX xa que provocaba inundacións fatídicas. A cidade esténdese sobre ambas as orelas e é atravesado por outros cursos de auga menores, como o arroio do Infiernillo.
Barrios
editarCórdoba posúe máis de 400 barrios, algúns extensos como Alto Alberdi, pero a maioría de poucos quinteiros. Os máis coñecidos son: Alta Córdoba, Alto Alberdi, Argüello, Centro, Cerro de las Rosas, Xeneral Paz, Güemes, Nova Córdoba.
O centro histórico está conformado por quinteiros cuadrangulares duns cento trinta metros de lado. A disposición dos barrios e avenidas principais é radial, é dicir, do centro da cidade nacen as avenidas que levan aos barrios máis periféricos.
Poboación
editarSegundo o último censo provincial (2008), a cidade ten 1 315 540 habitantes, representando un aumento do 3,78% respecto aos 1 267 521 habitantes rexistrados durante o censo nacional de 2001. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos da Arxentina, o Gran Córdoba concentra o 40,89% da poboación provincial e representa o 3,31% da poboación nacional, que segundo estimación de xuño de 2008 ascende a 39 745 613.
Economía
editarCórdoba é un importante polo de industrias e empresas de alta tecnoloxía na Arxentina.
En 2005 o Produto Bruto Xeográfico de Córdoba foi aproximadamente de $20 147 896.422 pesos arxentinos correntes, que equivalen a uns $14.974 per cápita anual. A cidade contribúe co 52% do PIB provincial e o 4,026% do Nacional.[1] Córdoba, en xeral, ten unha baixa participación na actividade primaria respecto ao lugar que ocupa a Provincia de Córdoba
O sector industrial, en cambio, ocupa un lugar principal na actividade económica. Entre as empresas estabelecidas encontramos a Renault, Fiat, Iveco, Marco Polo ou Volkswagen, que producen aproximadamente o 25% do total do país, xerando a localización de máis de 160 empresas automobilísticas ao seu arredor. Os sectores servizos e comercio continúan destacándose como a actividade máis importante na cidade, cun 35,78% e 51,39% respectivamente de ocupación.[2]
A eclosión da construción dos últimos anos, fixo de Córdoba unha cidade con numerosos edificios comerciais e residenciais de gran categoría, cunha notable expansión do tecido urbano. A instalación da Cidade Empresarial, empresas relacionadas co software e a alta tecnoloxía, centros comerciais e o reformado aeroporto internacional, converten a Córdoba nun punto importante para a Arxentina.[3]
Cultura
editarArquitectura e patrimonio histórico
editarCórdoba, preserva numerosos monumentos históricos da época da colonia española, en especial templos da Igrexa Católica. O máis recoñecido destes monumentos, é talvez, o Quinteiro Xesuítico, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.
Aeroporto
editarO Aeroporto Internacional Ingeniero Ambrosio Taravella atópase a 9 km ao norte da cidade. O movemento de pasaxeiros e avións que xera, convérteo no terceiro aeroporto con maior tráfico da Arxentina, detrás do Aeroparque e Ezeiza. Actualmente posúe 1.020 ha e unha plataforma de 57.350 m².
Notas
editar- ↑ "Observatorio Urbano: Capítulo 5: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2005. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2008.
- ↑ "Barrios bajo la lupa: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2006. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2008.
- ↑ "Ciudad empresaria, un emprendimiento hacia el futuro." (en español). cordoba.com.ar. 2007. Arquivado dende o orixinal (web) o 25 de outubro de 2008. Consultado o 20 de novembro de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Córdoba, Arxentina |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)