Campinas
Campinas (IPA: kɐ̃ːˈpinɐs) é unha cidade brasileira do estado de São Paulo. Está ao norte da capital do estado, a unha distancia de 90 km desta. Ten unha área total de 796 km² e unha poboación estimada, no ano 2006, de 1 049 420 habitantes. Xunto con outras 18 cidades, forma a segunda rexión metropolitana do estado de São Paulo, con aproximadamente 2,33 millóns de habitantes (6,3% da poboación do estado).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.213.792 (2020) (1.525,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 795,667 km² | ||||
Altitude | 685 m | ||||
Comparte fronteira con | Paulínia Jaguariúna (pt) Morungaba (pt) Pedreira (pt) Sumaré (pt) Itupeva (pt) Hortolândia (pt) Indaiatuba (pt) Monte Mor (pt) Valinhos (pt) | ||||
Creación | 14 de xullo de 1774 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Jonas Donizette (pt) (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Campinas (pt) , (Escano: 33) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 13000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 19 | ||||
Código de concello do Brasil | 3509502 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Fuzhou (1996–) | ||||
Páxina web | campinas.sp.gov.br | ||||
Historia
editarO seu poboamento comezou entre 1739 e 1744, coa chegada do capitán Francisco Barreto Leme do Prado, orixinario de Taubaté. En 14 de xullo de 1774, rezouse unha misa nunha capela provisoria para oficializar a fundación da freguesía de Nosa Señora da Concepción de Campinas. En 1797 foi elevada á condición de vila, e o 5 de febreiro de 1842 tornouse cidade.
A agricultura impulsou o crecemento da cidade no seu inicio. Primeiro, a cana de azucre, e despois o café. En pouco tempo, o cultivo de café trouxo un ciclo de desenvolvemento da cidade. Coa implantación da Compañía Paulista de Estradas de Ferro en 1872, a cidade tornouse unha das maiores do país.
Despois da crise do café en 1930 o seu perfil económico diversificouse, coa expansión das industrias e dos servizos. A inmigración, especialmente de italianos, axudou a expansión deste parque industrial. Entre as décadas de 1970 e 1980, a cidade practicamente duplicou de tamaño, grazas ós fluxos migratorios internos.
A partir de 1998 a súa base económica vén mudando: perde espazo o sector industrial, coa migración de industrias para outras cidades onde o custo de terreos é menor, e crece o sector de servizos (comercio, investigacións científicas, tecnoloxía de informática e loxística, principalmente).
Economía rexional
editarActualmente a cidade representa un terzo da produción industrial do estado. Destacan as industrias de alta tecnoloxía e a produción metalúrxica. A cidade é tamén un importante centro comercial -ten o máis grande centro comercial do Brasil en superficie, o Shopping Parque Dom Pedro- e de servizos.
Posúe un aeroporto internacional, Viracopos, que destaca no transporte internacional de mercadorías. No pasado foi tamén un centro de irradiación de liñas de ferrocarril para o interior do estado e o sur de Minas Xerais.
A construción de importantes estradas, como a Via Anhangüera (1948), Rodovia dos Bandeirantes (1978), a Rodovia Santos Dumont (década de 1980) e a Rodovia Dom Pedro I (actualmente, todas elas de dobre carril) transformaron a cidade nun importante centro de conexión de estradas, esencial para o desenvolvemento da industria e comercio rexional.
A cidade é tamén sede de importantes universidades, como a Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP) -que forma persoal capacitado para as industrias de alta tecnoloxía da rexión- e a Pontificia Universidade de Campinas (PUCCAMP).
A cidade ten dous importantes equipos de fútbol: Associação Atlética Ponte Preta e Guarani Futebol Clube.
A cidade tamén posúe un proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer: o Edificio Itatiaia, construído entre 1953 e 1957.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Campinas |
- Fotos de Campinas
- Universidade de Campinas
- PUC Campinas Arquivado 14 de marzo de 2021 en Wayback Machine.