Rafael Gil

director, guionista e produtor de cine español

Rafael Gil Álvarez, nado en Madrid o 22 de maio de 1913 e finado no mesmo lugar o 10 de xullo de 1986, foi un director, guionista e produtor de cine español.

Infotaula de personaRafael Gil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1913 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor em Wikidata - 1983 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0317856 Allocine: 226452 Allmovie: p198761 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empezou a súa actividade en 1931 como crítico cinematográfico, no diario ABC e outras revistas especializadas como Popular Films e Films Selectos. Durante a Guerra Civil rodou varios documentais para o bando republicano. Ao finalizar a guerra iniciou a súa relación coa produtora valenciana CIFESA, dirixindo a súa primeira película en 1941: El hombre que se quiso matar, adaptación do libro de Wenceslao Fernández Flórez e protagonizada por Antonio Casal. O seu primeiro grande éxito foi Eloísa está debajo de un almendro, baseada na obra de Enrique Jardiel Poncela, producida tamén por CIFESA. O éxito impulsou a Rafael Gil a continuar a súa relación con CIFESA, coa que chegou a dirixir oito películas, das que case todas obtiveron un forte éxito.

O cine de Rafael Gil editar

De non existir o cine cando el abreu os ollos aos gustos e á razón, teríao inventado; porque o cine, para Rafael Gil, chegou a ser unha auténtica necesidade física.
Carlos Fernández Cuenca, «Rafael Gil», en Revista Internacional del Cine, núms. 11–12

Desenvolveu unha extensa actividade que abarcou máis de corenta anos de exercicio como director, rodou sesenta e oito películas, tamén traballou como guionista e produtor. En todas elas contou cun sobresaliente equipo técnico, como o decorador Enrique Alarcón.

Iniciou o seu cine nos anos corenta con tres películas pequenas, sen que supuxesen grandes éxitos, pero que os críticos destacan. De aquí pasou a unha fase na que realizou algúns melodramas de grande éxito e adaptou gran cantidade de obras literarias de clásicos autores españois como Galdós, Lope de Vega, Wenceslao Fernández Flórez, Jardiel Poncela e outros; tamén cultivou o cine histórico e relixioso. Neses anos foi un dos realizadores básicos da industria española do cine. Nos últimos anos da súa carreira, durante os anos oitenta, realizou varias adaptacións do escritor Fernando Vizcaíno Casas.

Nos seus artigos de cine confesábase admirador da obra de Murnau, Charles Chaplin, Buster Keaton, John Ford, Howard Hawks, Frank Capra, Frank Borzage ou King Vidor.

Filmografía como director editar

Filmografía como guionista editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Medallas del CEC a la producción española de 1947". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  2. "Medallas del CEC a la producción española de 1948". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  3. "Premios 1 edición. 1953". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar