A casa da Troia (filme de 1959)
filme de 1959 dirixido por Rafael Gil
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Casa de la Troya.
A casa da Troia (en castelán: La casa de la Troya) é un filme español rodado en Galicia e estreado en 1959.[1] Foi dirixido por Rafael Gil e baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín, que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. De feito, esta non foi a primeira adaptación do libro: houbo outras anteriores, como a de 1925, producida e dirixida polo propio Lugín. Gran parte das escenas rodáronse en Santiago de Compostela, e contouse cun elenco que integraba algúns dos actores españois máis famosos da época, como Arturo Fernández, Pepe Rubio, José Isbert ou Ana Esmeralda.
A casa da Troia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La casa de la Troya |
Director | Rafael Gil |
Produtor | Juan Manuel de Rada |
Guión | Alejandro Pérez Lugín e Rafael García Serrano |
Baseado en | La Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín |
Intérpretes | Ana Esmeralda, Arturo Fernández, Pepe Rubio, Julio Riscal, Rafael Bardem e Félix de Pomés |
Música | Manuel Parada |
Fotografía | Michel Kelber |
Montaxe | Julio Peña |
Estrea | 1959 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi dobrado ao galego e estreado na TVG o 7 de febreiro de 1986, dentro do programa Galicia no cine.[2]
Notas editar
- ↑ "La casa de la Troya · España 1959" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- ↑ "Programación". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 1986. p. 55.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía editar
- López, Yolanda (2000). "Santiago de Compostela en el cine: las adaptaciones cinematográficas de La Casa de la Troya". Galicia-Cuba: un patrimonio cultural de referencias y confluencias (en castelán). do Castro. pp. 243–252. ISBN 84-7492-973-3.
Outros artigos editar
- A Casa da Troia (a novela)
Ligazóns externas editar
- Versións cinematográficas Museo Casa da Troya.
- "‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela.