Antonio Eiras Roel

historiador galego

Antonio Eiras Roel, nado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1931 e finado o 20 de abril de 2017[1], foi un historiador galego, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e Cronista Xeral de Galicia.

Antonio Eiras Roel
Nacemento10 de marzo de 1931
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento20 de abril de 2017
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, profesor universitario e historiador
PremiosMedalla Castelao
Na rede
Dialnet: 130642
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na Arxentina, fillo de emigrantes galegos, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e foi doutor pola Universidade Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na USC e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (1969). Dedicouse ao estudo da historia política do século XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional.

Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Foi membro da Société d’Histoire Moderne de París, da Association Française des Historiens Economistes (1974-2000), da Société de Démographie Historique de París (1975-2000), da Real Academia da Historia e membro fundador da Asociación Española de Historia Moderna, que presidiu entre 1988 e 1991.

Obras editar

Como director ou coordinador editar

  • Metodología de la historia moderna: economía y demografía, 1975.
  • La historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos, 1981.
  • Actas de las Juntas del Reino de Galicia (2 vol.), 1995-1999.
  • El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II, 1998.
  • El Reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V, 2000.

Premios editar

  • Premio Antonio López Ferreiro de Investigación (2000).


Predecesor:
Antón Fraguas
 Cronista Xeral de Galicia 
1999 -2017
Sucesor:
-

Notas editar

  1. "A Xunta lamenta o falecemento do historiador Antonio Erias Roel". Galicia Confidencial. 20 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar