Abel Losada
político español
Abel Fermín Losada Álvarez, nado en Ourense o 2 de xuño de 1964, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE.
Abel Losada | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xuño de 1964 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Membro da Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE dende outubro de 2000. Foi deputado no Parlamento de Galicia (2005-2008), concelleiro no Concello de Vigo (novembro de 2006 a maio de 2007) e director xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia (abril de 2008 a xaneiro de 2009).[1]
É concelleiro de Cultura e Emprego do Concello de Vigo.[2]
Notas Editar
- ↑ Ficha no Parlamento de Galicia
- ↑ Concellerías do Concello de Vigo consultado o 13/12/2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abel Losada |