Comarca da Paradanta
comarca da provincia de Pontevedra
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | A Cañiza | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.060 (2020) (35,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 339,85 km² | ||||
Demografía
editarConcello | nº de parroquias |
Extensión[2] ( km² ) |
Poboación[3]
(2020) |
Densidade |
---|---|---|---|---|
Arbo | 6 | 42,66 | 2.599 | 60,38 |
A Cañiza | 9 | 105,04 | 5.115 | 48,76 |
Covelo | 14 | 154,63 | 2.900 | 19,00 |
Crecente | 11 | 57,46 | 1.994 | 34,70 |
Total | 39 | 359,79 | 12.608 | 35,04 |
Padrón municipal 2020 | 12.060 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.069 (8,86 %) |
Entre 16 e 64 anos | 6.769 (56,13 %) |
Maiores de 65 anos | 4.222 (35,01 %) |
Política e goberno
editarTras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Arbo[4], Covelo[5] e Crecente[6], mentres que o PSdeG-PSOE o da Cañiza[7].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Paradanta.
-
Concellos e localización na provincia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "Arbo". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "Covelo". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "Crecente". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "Cañiza, A". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha comarcal da Comarca da Paradanta na web do Instituto Galego de Estatística Arquivado 21 de maio de 2021 en Wayback Machine.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |