Veracruz

Veracruz é un municipio e a cidade máis grande e importante do Estado de Veracruz.[1] Ten o porto marítimo comercial máis importante de México. En 2010 tiña 552 156 habitantes.

Veracruz.

Está situada a 90 km de distancia da capital do estado Xalapa e a 400 km de distancia da Cidade de México. Limita ao norte co municipio de La Antigua e o Golfo de México; ao sur cos municipios de Medellín e Boca del Río; ao leste co Golfo de México e ao oeste cos municipios de Manlio Fabio Altamirano e Paso de Ovejas. O seu clima é tropical cálido, cunha temperatura media anual de 25,3 °C e cunha precipitación media anual de 1500 mm.

Historicamente esta cidade e porto destaca por ser fundada por Hernán Cortés, atopándose na rexión pola que os españois desembarcaron para emprender a conquista de Tenochtitlán. Ademais recibiu o nomeamento de Catro veces heroica por decreto presidencial, por mor de enfrontar catro distintas invasións estranxeiras.

NotasEditar

  1. "El Municipio y Ciudad de Veracruz, Veracruz." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar