Xosé Luís Blanco Campaña
Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.
Xosé Luís Blanco Campaña | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1948 |
Lugar de nacemento | Camariñas |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Autónoma de Barcelona |
Ocupación | xornalista, escritor, presentador de televisión e locutor |
Cónxuxe | Mª del Pilar Barba García |
Fillos | dous |
Premios | Premios Ondas 1990 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985,[1] director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia.[2] Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE[3] e é cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira.[4]
Na TVG presentou Ruada, Con música propia e A noite en Blanco.
É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco[5] e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.
Obra escrita editar
- Camariñas, terra de palilleiras, 1991, Edicións Xerais de Galicia.
- Cento cartorce cancións galegas, 1992, n.º 67 da Biblioteca 114, El Correo Gallego.
- Radio e prensa na Galicia exterior, 1995, Xunta de Galicia.
- Historia da radio en Galicia, 1999, Edicións Lea.
- Manuel Fraga Iribarne, profesor, político, estadista, redactor da Constitución Española, presidente da Xunta de Galicia, 2001, Ir Indo.
- Introdución á canción galega, 2004, Xunta de Galicia.
Recoñecementos editar
Entre outros, recibiu os seguintes recoñecementos:
- Premio Ondas, 1990.[6]
- Premio da Crítica Galicia, 1991.
- Antena de Oro.
- Premio Galicia de Comunicación, 2000.
Notas editar
- ↑ Diario nº 39 da data 23/02/1985 Diario Oficial de Galicia.
- ↑ Hermida, Xosé (20/6/1997). "Destituido el director de TVE en Galicia por emitir un publirreportaje sobre coches como información". El País (en castelán).
- ↑ Barrera 2002.
- ↑ Cabaleiros e Damas. Enxebre Orde da Vieira
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Premios Ondas 1990 Arquivado 25 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Blanco Campaña, Xosé Luís". Diccionario enciclopédico galego universal 9. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 93. ISBN 84-7680-429-6.
- "Blanco Campaña, Xosé Luís". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 116.
- "Blanco Campaña, Xosé Luís". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 324. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Blanco Campaña, Xosé Luís". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 370. ISBN 84-7680-288-9.
- "Blanco Campaña, Xosé Luís". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 70. ISBN 84-8064-113-4.