Benito Xerónimo Feijoo
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.
Benito Xerónimo Feijoo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de outubro de 1677 |
Casdemiro | |
Falecemento | 26 de setembro de 1764 |
Oviedo | |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | ensaísta, escritor, catedrático de universidade, médico e filósofo |
Irmáns | Anselmo Feijoo Montenegro |
Xéneros | Ensaio |
Coñecido/a por | Teatro crítico universal e Cartas eruditas y curiosas |
Estudos | Teoloxía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
- Véxase tamén: Cronobiografía de Benito Xerónimo Feijoo.
Era fillo primoxénito dunha familia fidalga, o seu pai foi Antonio Feijoo Montenegro e Sanjurjo e a súa nai María de Puga Sandoval Novoa e Feijoo. Logo de facer os estudos primarios no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, pouco antes de facer os 14 anos ingresou na Orde de San Bieito, polo que tivo que renunciar aos seus dereitos como morgado. Ordenouse como sacerdote no mosteiro de San Xulián de Samos, e estudou Teoloxía na Universidade de Salamanca. Foi profesor durante oito anos no mosteiro de San Salvador de Lérez, catro anos como pasante e catro como titular.[1] Acadou mediante oposición unha cátedra na Universidade de Oviedo. En Oviedo residiu dende 1709, no colexio bieito de San Vicente.
ObraEditar
Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da literatura castelá, e un dos pioneiros xunto a Gregorio Mayans da considerada Primeira Ilustración Española, desde 1737 até pouco despois da morte de Fernando VI. Amais, está considerado precursor das ideas de frei Martín Sarmiento. Feijoo defendía a igualdade do home e da muller.
Non publicou as súas obras até 1725, e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do Teatro crítico universal (coa acepción de teatro como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre 1726 e 1739. Doutra banda, están os cinco volumes das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760 e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de Adiciones publicado en 1783 e a súa copiosa correspondencia privada.
Nos Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI).[2]
A súa obra espertou curiosidade, pois foi traducida ao francés, inglés, italiano e alemán.
Os seus discursos provocaron rexeitamento entre as comunidades tomista e escolástica, con críticas de Ignacio de Armesto Osorio, Francisco de Soto Marne, Salvador José Mañer e Diego de Torres Villarroel entre outros. Porén, foi defendido polo doutor Martín Martínez e os frades Isla e Martín Sarmiento, amais do propio rei Fernando VI, que mediante un real decreto de 1750 prohibiu que se lle atacase.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Benito Xerónimo Feijoo.
Theatro crítico universal, t. 1º, MDCCXXVI.
Estatua en Oviedo.
Por Isidoro Brocos, no Museo de Pontevedra.
NotasEditar
- ↑ Rial López, C.. "Historia del monasterio". San Benito de Lérez (en castelán).
- ↑ "Benito Jerónimo Feijoo". Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium (DVD). Microsoft Corporation. 2009 (en castelán).
Véxase taménEditar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Benito Xerónimo Feijoo na súa lingua orixinal |
A Galicitas posúe citas sobre: Benito Xerónimo Feijoo na súa lingua orixinal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Xerónimo Feijoo |
BibliografíaEditar
- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 40. ISBN 84-7680-429-6.
- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 45.
- "Feixoo y Montenegro, Benito Jerónimo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 887. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 58-59. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez Lires, Mari (2012). "Benito Jerónimo Feijoo Montenegro" Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 19.
- Lozano Paz, Moisés (2002). Frei Benito Xerónimo Feixoo. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-89803-47-3.
- Manteiga, Xosé (2005). "Jerónimo Feijóo y Montenegro, Frei Benito". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Otero Pedrayo, R. (1972). El padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias. Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo (en castelán).
- Palacios Fernández, E. "Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro Puga" Diccionario Biográfico Español, RAH (en castelán).
- Saavedra, P. (2007). A gran historia de Galicia. T. 17, A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura. 3. A cultura popular, os libros e a ilustración. Tomo VIII. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-96931-00-8.
Outros artigosEditar
- Anselmo Feijoo Montenegro
- Plácido Feijoo Montenegro
- Séculos Escuros
- Literatura galega dos Séculos Escuros
Ligazóns externasEditar
- Obras de Benito Jerónimo Feijoo Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- Obras de Benito Jerónimo Feijoo Biblioteca Digital Hispánica. BNE (en castelán).
- "Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro" Encyclopædia Britannica Online (en inglés).
- "Benito Jeronimo Feijoo" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- "Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro" Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán).