Provincia de Valencia
![]() | |
Capital | Valencia |
Área | 10.763 km² |
Poboación | 2.575.362 hab. (2009) |
Densidade | 239,28 hab./km² |
Concellos | 266 |
Xentilicio | valenciano/a |
A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).
No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.
Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.
A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.
Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.
Riscos físicosEditar
De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.
Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.
ComarcasEditar
Está dividida nas seguintes comarcas:
- Canal de Navarrés
- Camp de Morvedre
- Camp de Túria ou Campo do Turia.
- Costera
- Foia de Bunyol
- Horta de Valencia, subdividida en:
- Horta Nord
- Horta Oest
- Horta Sud
- Ciutat de València
- Plana d'Utiel ou Chaira de Utiel
- Racó d'Ademús ou Rincón de Ademuz
- Ribera Alta
- Ribera Baixa
- La Safor
- Serrans
- Vall d'Albaida
- Vall de Cofrents
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Valencia |