A Foia de Bunyol (en castelán Hoya de Buñol; que en galego significa Fondal de Buñol) é unha comarca do centro da Comunidade Valenciana, con capital en Xiva.

Foia de Bunyol
Fonte dos Siete Caños en Setaigües
Localización
ProvinciaValencia
Datos
CapitalXiva
Cidade máis poboadaXiva
Poboación39.768 hab.(2007)
Superficie817,30 km²
Densidade48,65 hab./km²
Nº de concellos9
Lingua propiaCastelán
Foia de Bunyol

Limita ao norte cos Serrans e o Camp de Túria, ao leste coa Horta Oest e a Ribera Alta, ao sur co Canal de Navarrés e a Vall de Cofrents e o oeste coa Plana d'Utiel.

Os concellos desta comarca son:

Municipio Poboación Extensión Densidade
Alboraig 1.038 27,3 38,02
Bunyol 9.720 112,4 86,47
Dosaigües 439 121,5 3,61
Godelleta 3.038 37,5 81,01
Iàtova 2.123 120,2 17,66
Macastre 1.299 37,7 34,45
Setaigües 1.349 110,6 12,19
Xest 7.872 71,4 110,25
Xiva 12.890 178,7 72,13
Totais: 39.768 817,3 48,65