Macastre é un municipio sito na comarca da Foia de Bunyol, no País Valenciano. No ano 2008 (INE) tiña 1.293 habitantes. A súa área é de 37,7 km². Limita cos concellos de Alborache, Dosaigües e Iàtova.

Modelo:Xeografía políticaMacastre
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°22′58″N 0°47′10″O / 39.3828, -0.786
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaFoia de Bunyol Editar o valor en Wikidata
CapitalMacastre Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.437 (2023) Editar o valor en Wikidata (38,12 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie37,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude360 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónBárbara de Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataVicente Manuel Montó Miralles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46368 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46158 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46158 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmacastre.es Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Situado entre as concas os ríos Bunyol e Magre. O seu relevo é bastante accidentado, constituído por pequenas elevacións e lombas de materiais cretáceos integrados no Sistema Ibérico. Na metade norte destaca o "turó" do Castell (430 m), ao pé do cal se asenta a poboación de Macastre. Logo de salvarse a "rambla" ou cavorco de La Horteta, o terreo torna elevarse, como no Puntal de Santa Bàrbara (400 m) e no da Foia da Estanquera (429 m); despois aparece o val do río Magre e na outra banda, no extremo sur, comezan os primeiros contrafortes da serra de Dosaigües, de maiores proporcións que as alturas do termo de Macastre.

Historia

editar
 
Mapa dos municipios de Siete Aguas Buñol, Chiva e Macastre (1721)

Os restos máis antigos atopados en Macastre corresponden á Idade de Bronce. Xa na Idade Media, no ano 713, hai un tratado de capitulación no que es testemuña a presenza musulmá. En 1122 hai noticia de que o rei de Aragón Afonso I (1073-1134) recadaba parias dos almorábides. En 1238, tras a capitulación de Valencia, os castelos, vilas e alcarías (granxas) son organizadas en "fogos" e repartidos por Jaume I (1208-1276), de maneira que dan lugar ao señorío de Bunyol que abrazaba, máis ou menos, os límites da actual comarca da Foia de Bunyol, que foi concedido, o 28 de abril de 1238, a Roderic de Liçana, quen o transferiu logo á orde do Hospital. Até a expulsión dos mouriscos, en 1609, a poboación medraba con rapidez –64 familias en 1563 e 98 en 1602-, axudada pola importancia estratéxica do seu castelo, sito a cabalo dos reinos de Valencia e de Castela, pero esta medra demográfica viuse frustrada co desterro dos mouros e, se ben o 10 de novembro de 1611 se concedeu carta de poboación a diversas familias cristiás polo señor territorial, Gaspar Mercader e Carroç, señor de Macastre, estes novos poboadores non chegaban a unha vintena de veciños. Até o século XVIII non se produciu a recuperación demográfica que, desde aquela altura sempre ten sido dun moderado ascenso cun devalo durante as décadas centrais do XX.

Demografía

editar
Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2006 2007
825 857 932 997 1.000 1.050 1.066 1.137 1.201 1.299

Economía

editar

A economía do concello baséase tradicionalmente na agricultura de secaño, con predominio do cultivo de oliveira, viñedo e alfarrobeira. Produce aceite de oliveira de excelente calidade.

Monumentos

editar

Un paseo pola localidade permite gozar da Plaza de los Árboles, con árbores centenarias; da fonte do Bolot, realizada nos inicios do XX con azulexos de estilo modernista e máis dunha boa mostra da arquitectura rural do interior.

Dentro do seu patrimonio debe salientarse aínda:

  • O castelo, berce da poboación, xa que a súa fundación podería datarse na Idade de Bronce, aínda que o seu esplendor corresponde á época islámica, no século. Actualmente áchase en lamentábel estado de ruína, mais o concello está a estudar crear nel un parque arqueolóxico.
  • Igrexa da Transfiguración do Salvador, do século XVII, con fermoso campanario barroco.

Festas e celebracións

editar
  • Festas patronais, teñen lugar durante a primeira quincena de agosto. Están dedicadas aos patronos, San Salvadorei Santa Bárbara.
  • Semana taurina, inmediatamente logo das festas patronais, ao longo dunha semana.
  • Festas das Fillas de María, na primeira fin de semana de setembro. Ademais dos actos relixiosos en honra da Virxe, realízanse verbenas, cabalgadas, ofrendas de flores, mascletades (disparos de canóns ad hoc) e castelos de fogos artificiais.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar