Alfarrobeira

especie de planta
Alfarrobeira

Ceratonia siliqua in Otto Wilhelm Thomé, 1885
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Caesalpinioideae
Tribo: Cassieae
Subtribo: Ceratoniinae
Xénero: Ceratonia
Especie: C. siliqua
Nome binomial
Ceratonia siliqua
L.

A alfarrobeira [1][2] (Ceratonia siliqua) é unha árbore da familia das cesalpináceas. Orixinaria da rexión mediterránea, cultívase polo seu froito, a alfarroba, utilizada como penso.

A alfarrobeira pode medrar ata os 10 m, aínda que o normal é que quede entre 5 e 7 m. Ten unha copa ampla e semiesférica, soportado por un toro groso, de áspera cortiza acastañada, e polas varudas. As follas, alternas e de forma oval, teñen entre 10 e 20 cm de longo, as flores son pequenas, de entre 6 e 12 mm de longo, pero moi numerosas. O froito é unha baga azucrada de entre 10 e 20 cm de lonxitude con sementes pequenas e duras, dá entre 15 e 20 por árbore.

Vaíñas
Follas
Ceratonia siliqua

A fariña de alfarroba emprégase como aditivo na industria agro-alimentaria.