Abrir o menú principal

O Magre (en castelán Magro) é un río do País Valenciano, afluente importante do Xúcar, xunto con o Cabriel e mais o río de Albaida. A súa lonxitude é de 130 km.

Río Magre
Embalse de Forata.jpg
Encoro de Forata no río Magre
PaísEspaña
NacementoSerra de Utiel
Altitude1.100 msmn
Lonxitude130 km
Conca1543,7 km2
Caudal medio0.91 m3/s
DesembocaduraRío Xúcar

CursoEditar

O Magre nace no planalto de Utiel a 1.100 msnm, ao sur de Camporrobles, pasa polas localidades de Utiel e Requena ( ambas dúas na comarca da Plana de Utiel) cun caudal escaso e entra na Foia de Bunyol e na Ribera Alta, onde pasa por Real de Montroi, Alfarb e Carlet, para desembocar no Xúcar máis abaixo de Algemesí, pola que també é denominado como a rambla de Algemesí. A súa conca comprende unha área de 1.543,7 km².

AfluentesEditar

  • Rambla de la Torre
  • Río Madre
  • Río Millares
  • Río de Buñol
  • Rambla de L'Algobar

ExplotaciónEditar

Cáptanse augas do Magre con intensidade para regadíos desde o seu curso alto. No concello de Iàtova (ou Yátova en castelán), no curso medio, en zona de gran desnivel, está contido por medio do encoro de Forata. O uso para iirigación e a presa ten evitado os efectos dos fortes desbordamentos do río, característicos en tempos pasados, e evidente na grande anchura do seu leito (a maior parte do tempo seco) no tramo final onde chega a alcanzar máis de 200 m.

ProtecciónEditar

Augas abaixo do encoro de Forata está situado a Paraxe Natural de Tabarla, de recente declaración pola Generalitat Valenciana (2007).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar