Buñol
Buñol (en valenciano: Bunyol) é un concello da provincia de Valencia, no País Valenciano. Pertence á comarca da Foia de Bunyol. Tiña unha poboación de 9.596 habitantes en 2017.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Foia de Bunyol | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.579 (2023) (85,22 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 112,4 km² | ||||
Altitude | 441 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Lois IX de Francia e Virxe dos Desamparados | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Joaquin Masmano Palmer (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46360 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46077 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46077 | ||||
Páxina web | bunyol.es |
Aínda que xa existían poboados na zona durante o Paleolítico, o núcleo urbano data da época musulmá e xurdiu arredor do castelo. Buñol e a súa comarca incorporouse ao Reino de Valencia a mediados do século XIII durante a conquista de Valencia. A expulsión dos musulmáns (1609) supuxo un grave quebranto demográfico e económico. A chegada do ferrocarril en 1887 fortaleceu a industria papeleira, que no último terzo do XIX chegaba a doce fábricas. A industrialización seguiu sendo forte en Buñol; na década de 1970 do século XX, o sector primario apenas supoñía un 5% da poboación activa, fronte ao 75% da industria. Actualmente, esa porcentaxe diminuíu pero continúa a ser forte a industria no concello.
Entre o seu patrimonio destacan o castelo, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Luis Beltrán e varias vendas do século XVII en adiante. O evento máis coñecido é a tomatina, festa declarada de interese turístico internacional en 2002. Celébranse tamén varios actos musicais e, como en moitas outras localidades valencianas, fallas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buñol |