Rincón de Ademuz
O Rincón de Ademuz (en valenciano, Racó d'Ademús; ás veces chamado simplemente El Racó) é un exclave da provincia de Valencia, situado entre as provincias de Teruel e Cuenca, ao norte e sur, respectivamente. Está menos densamente poboado que o resto da provincia. Ten unha superficie de 370, 10 km2 e a súa poboación distribúese entre sete concellos, dos cales só Ademuz supera os 1.000 habitantes. A capital da comarca é Ademuz. Segundo a Lei de uso e ensinanza do valenciano é unha zona de predominio lingüístico castelán.
Rincón de Ademuz | |
---|---|
Ermida da Virxe da Horta. Século XIV. Ademús | |
Localización | |
Provincia | Valencia |
Datos | |
Capital | Ademús |
Cidade máis poboada | Ademús |
Poboación | 2.605 hab.(2009) |
Superficie | 370'10 km² |
Densidade | 7'03 hab./km² |
Nº de concellos | 7 |
Lingua propia | Castelán |
El Racó | |
DemografíaEditar
O Rincón de Ademuz está menos densamente poboado que o resto da provincia. Ten unha superficie de 370, 10 km2 e a súa poboación distribúese entre sete concellos, dos cales só Ademús supera os 1.000 habitantes:
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Ademuz | 1.269 | 100,40 | 12,35 |
Casas Altas | 178 | 15,90 | 11,19 |
Casas Bajas | 244 | 22,90 | 10,79 |
Castellfabib | 244 | 106,30 | 2,29 |
Puebla de San Miguel | 107 | 63,60 | 1,68 |
Torre Baja | 418 | 4,70 | 88,90 |
Vallanca | 172 | 56,60 | 3,03 |
Totais: | 2.605 | 370'10 | 7'03 |
HistoriaEditar
O territorio foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polo islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Jaume I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademús. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.
BibliografíaEditar
- Eslava Blasco, Raúl: Ademuz y su patrimonio histórico-artístico. Ademuz, 2007. ISBN 978-84-606-4251-0.
- Eslava Blasco, Raúl: Vallanca y su patrimonio histórico-artístico religioso. Vallanca, 2006. ISBN 84-611-0024-7.
- Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
- Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
- ABABOL. Revista del Instituto Cultural y de Estudios del Rincón de Ademuz (ICERA), dirigida per Ángel Antón Andrés i publicada trimestralment a Ademús des de 1995.