Ademuz é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia. Ademuz é a capital da comarca do Rincón de Ademuz, un exclave valenciano rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.

Ademuz
Escut d'Ademús.svg
Localización
Localització d'Ademús respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaPaís Valenciano
ProvinciaValencia
ComarcaRincón de Ademuz
Xeografía
Altitude660 msnm
Superficie100,4 km²
Demografía
Poboación1 269 hab. (2008)
Densidade12,37 hab./km²
XentilicioAdemuceiro/a
Outros datos
Código postal46 140
AlcaldeFernando Soriano Antón (PSPV)
www.ademuz.es

XeografíaEditar

Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes da montaña dos Zafranares. Por esa causa, esta vila ten como característica particular unhas longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista da Veiga do Turia, como xa describiu o botánico Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.

DemografíaEditar

Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Ademuz. Os veciños marchábanse cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara as vendimas de Francia.

Evolución demográfica de Ademuz[1]
1842 1877 1900 1920 1940 1960 1981 2001 2005 2006 2007 2008
3 033 3 339 3 415 4 092 3 866 2 827 1 545 1 115 1 157 1 183 1 242 1 269

Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.

HistoriaEditar

O castelo musulmán de Al-Damús foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polo Islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Jaume I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.

Ademús tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademuz. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.

Patrimonio histórico-artísticoEditar

 
Ermida de Nuestra Señora de la Huerta. Século XIV.

Arquitectura relixiosaEditar

Arquitectura civilEditar

 
Castelo de Ademuz
  • Castelo de Ademuz, con grande importancia histórica.
  • Casa da Vila, do século XVII.
  • Forno medieval, do século XIII.
  • Cámara Vella do Millo.
  • Porta de San Vicente.
  • Fonte Vella ou de los siete caños.
  • Muíño Real do século XIII.
  • Muíño Novo do século XVIII.
 
Antigo escudo de armas de Ademuz en época foral[2]

NotasEditar

  1. Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Raúl Eslava Blasco, Heráldica histórica de Ademuz y Castielfabib, en la revista ABABOL, nº52

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Eslava Blasco, Raúl: Ademuz y su patrimonio histórico-artístico. Ademuz, 2007. ISBN 978-84-606-4251-0.
  • Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
  • Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
  • ABABOL. Revista do Instituto Cultural e de Estudos do Rincón de Ademuz (ICERA), dirixida por Ángel Antón Andrés e publicada trimestralmente en Ademús dende 1995.

Ligazóns externasEditar