Xàtiva
Xàtiva é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xàtiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.
Xàtiva | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||
Provincia | Valencia | ||
Comarca | Costera | ||
Xeografía | |||
Altitude | 115 msnm | ||
Superficie | 76,60 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 29.363 hab. (2008) | ||
Densidade | 373,33 hab./km² | ||
Xentilicio | Xatibín/ina | ||
Outros datos | |||
Código postal | 46800 | ||
Alcalde | Alfonso Rus Terol (PP) | ||
Ajuntament de Xàtiva |
Actualmente ten 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de (Annauir, Sorió, Torre d'En Lloris), e a pesar de que o seu peso demográfico actual é menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.
Os habitantes de Xàtiva chámanse xativans, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con esta cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara á Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.
XeografíaEditar
Situado entre as cuncas do río Albaida e do seu afluente o río Cànyoles. O seu termo, ten perímetro moi desigual, xa que fóra do termo ten varios enclaves territoriais, destacando pola súa extensión o Realeng.
A cidade está enclavada aos pés do cerro do castelo (Castell) cuxas ladeiras chegan a ocupar algunhas casas, estendéndose ata a parte máis cha da veiga.
AccesoEditar
Accédese a esta cidade, dende Valencia, a través da A-7 para enlazar coa N-340. Tamén enlaza coa autovía A-35 ata Almansa e desde aí ao centro peninsular. Tamén ten estación de ferrocarril da liña de C-2 Proximidades Valencia.
Barrios e pedaníasEditar
No termo municipal de Xàtiva atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Annauir
- El Realenc
- Sorió
- Torre d'En Lloris
ClimaEditar
O clima en Xàtiva é clima mediterráneo, aínda que pola súa situación relativamente afastada da costa e entre vales (formando unha Foia (Pota)), os veráns son máis calorosos que noutras zonas da Comunidade Valenciana, rexistrándose frecuentemente as máximas de toda a zona e de toda a península no verán.
DemografíaEditar
Xàtiva ten 28.597 habitantes (INE 2007); un 9,0% de eles é da inmigración.[1]
Evolución demográfica de Xàtiva[2] | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1707[3] | 1708[4] | 1787[5] | 1808[6] | 1814[7] | 1829[8] | 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 |
12.000 | 400 | 12.665 | 12.000 | 10.872 | 12.596 | 15.747 | 14.099 | 12.600 | 12.737 | 14.148 | 15.087 | 18.263 | 18.092 | 19.896 | 21.578 | 23.755 | 24.586 | 25.478 | 28.474 | 30.334 |
Entre o censo de 1887 e o anterior, Xàtiva recibiu un incremento poboacional ao incorporarse o municipio desaparecido de Annauir.
Gastronomía e festasEditar
Son pratos moi coñecidos o arroz ao forno, o arnadí. Dende 1250, celébrase por privilexio real de Jaume I a Fira de Xàtiva.
A celebración da Semana Santa tamén se vive con grande intensidade. Así como a celebración do Corpus Christi coa típica procesión de xigantes e cabezudos.
NotasEditar
- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842.Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ Antes do Asedio de Xàtiva, segundo Isaïes Blesa Duet en A destrución de Xàtiva en 1707 e o goberno da cidade no exilio, ed.Ulleye,Xátiva,2007,pag.75
- ↑ idem.
- ↑ Un pouco máis de 12.000 segundo Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156
- ↑ MªPilar Hernando Serra e Ramon Aznar i Garcia, Xátiva durante a guerra do Francés, 1808-1814, Matéu Impresores,Xátiva, 2002, pax.25
- ↑ Idem.pax.103
- ↑ Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156